GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Santiago Camba clausura, en Uruguai, o programa de experto en Xestión Financeira

(09/12/2009)

Santiago Camba clausura, en Uruguai, o programa de experto en Xestión Financeira

Formación de postgrado de alta calidade para emigrantes galegos e os seus descendentes residentes no exterior.

Montevideo (Uruguai), 8 de decembro de 2009. O Presidente da Fundación Galicia Emigración- e Secretario Xeral da Emigración da Xunta de Galicia- Santiago Camba Bouzas, clausurou o Programa de Experto en Xestión financeira celebrado, dende o pasado mes de abril, en Montevideo- Uruguai-.

A Fundación Galicia Emigración na tarefa de dar formación de alta calidade- co obxecto de favorecer a formación e inserción laboral dos emigrantes galegos e os seus descendentes- aportou durante este curso, de 26 semanas de duración, unha visión máis profunda e específica sobre os aspectos máis relevantes que afectan á xestión financeira.

O Programa, organizado pola Fundación Galicia Emigración en colaboración co Concello de A Coruña, a Universidad de la Empresa de Montevideo, a Escuela de Finanzas de A Coruña e a Asociación de Empresarios Galegos en Uruguai e dirixiuse a emigrantes e os seus descendentes residentes no Uruguai cunha traxectoria profesional de claro perfil financeiro ou cun perfil co que puideran chegar a desempeñar este tipo de tarefas dentro do seu ámbito procesional.

Os alumnos- becados pola Fundación- teñen unha dilatada traxectoria profesional, e unha idade media de 37 anos, cunha experiencia profesional media de 12 anos. Dos 15 participantes, 14 son descendentes de emigrantes e 1 emigrante, que obtiveron o Titulo de Especialista en Xestión Financeira expedido pola Universidade, así como, o equivalente pola Escuela de Finanzas.

Este programa, deseñado acorde ao 100% á lexislación educativa do Uruguai, e cumprindo tamén cos criterios de postgraos propios das universidades españolas, foi eminentemente práctico, seguindo o modelo das escolas de negocios americanas e co obxecto de trasladar o saber facer de importantes directivos ao alumnado.

No transcurso da súa intervención, Camba lembrou a importancia de sentar bases sólidas para facer avanzar proxectos, fomentando e establecendo de xeito permanente a colaboración e o intercambio de ideas. Así mesmo, comprometeuse a reforzar os programas da Fundación Galicia Emigración e optimizar os recursos ao máximo nesta época de austeridade orzamentaria.

No acto de clausura e entrega de diplomas, o Presidente da Fundación Galicia Emigración estivo acompañado do Reitor da Universidad de la Empresa, Roberto Brezzo; o Delegado da Xunta de Galicia En Montevideo, Manuel Barros Rivadulla; o Presidente da Asociación de Empresarios Galegos no Uruguai, César Antelo Manteiga; o Director-Xerente da Fundación Galicia Emigración, José Manuel Castelao Bragaña, o Director Académico do programa pola Universdidad de la Empresa, Raúl Correa Santesteban, e o coordinador académico pola Escuela de Finanzas,Conrado Brum.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas