GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta estende o cartón sanitario aos emigrantes galegos e calcula que beneficiará a uns 3.000 ao ano

(04/12/2009)

A Xunta estende o cartón sanitario aos emigrantes galegos e calcula que beneficiará a uns 3.000 ao ano
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 3 Dic. (EUROPA PRESS) -

O conselleiro de Presidencia, Afonso Roda, anunciou hoxe que a Xunta aprobou estender o cartón sanitario aos galegos no exterior, de modo que teñan cobertura médica en España no caso de que "non teñan outro medio" para recibir asistencia.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o titular de Presidencia calculou que esta reforma do decreto que regula o cartón sanitario beneficiará a uns 3.000 galegos residentes na diáspora anualmente.

"Ata agora, o decreto identificaba aos galegos residentes en Galicia como beneficiarios do cartón pero deixaba fóra aos que residen no exterior", apuntou, á vez que destacou que isto agora se corrixe".

Trátase, segundo especificou Roda, dun "compromiso" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que onte iniciou unha viaxe institucional por Suramérica e que prometera, durante a campaña electoral, non volver a este continente sen estender o cartón sanitario a todos os galegos na emigración.

CENTRO GALEGO DE BOS AIRES

Por outra banda, preguntado polas críticas á xestión da Xunta no Hospital do Centro Galego de Bos Aires, Roda avanzou que hoxe se producirá unha nova reunión e confiou en que, deste encontro, xurdan "acordos" que permitan "traballar" e ter a "seguridade" de que "todos os galegos que estean alí recibirán a adecuada atención hospitalaria".

Nesta reunión, segundo asegurou, a representación do Goberno galego "fará o que fixo sempre", é dicir, "explicar as razóns da decisión" de outorgar a xestión do citado hospital a unha empresa privada. A maiores, detallará a situación actual do centro sanitario e mostrará as súas "perspectivas".

O Centro Galego será unha das paradas na viaxe de Feijóo polo Cono Sur, que se estenderá ata o vindeiro mércores. Mentres que a súa estancia en Salvador de Bahía (Brasil) prolongarase ata o venres, o sábado atoparase xunto á colectividade galega na capital porteña.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas