GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O xefe de Inmigración na provincia declarou durante tres horas ante a xuíza e o fiscal

(04/12/2009)

O xefe de Inmigración na provincia declarou durante tres horas ante a xuíza e o fiscal

Data de publicación:
4/12/2009

O xefe do servizo de Inmigración do Ministerio de Traballo en Lugo, Alberto Linares, declarou onte, en calidade de imputado, durante unhas tres horas ante a xuíza e o fiscal que se ocupan das investigacións relativas á rede que supostamente esclavizó a centenares de marroquís. A este funcionario público supostamente vincúlano cun delito contra os dereitos dos traballadores.

Onte, antes de entrar ás dependencias xudiciais, Alberto Linares non negou estar sorprendido pola imputación que realiza o fiscal, aínda que fixo a seguinte aclaración: «Son moitos anos no mundo do traballo e a miña paixón pola inmigración nestes anos levoume a non saber de lecer ou de descanso para ter unha inmigración máis ou menos ordenada na provincia».

O responsable de Inmigración asegurou: «Saben os inmigrantes que contan comigo no meu despacho a calquera hora; sempre lles atendín, e se lles axudei fíxeno de mil amores».

Linares explicou a continuación que entendía que a lei tiña «un potencial de xenerosidade, ás veces non escrutado e inexplicado, e a miña paixón era, e sigue séndoo, descubrir esas posibilidades para que a xente poida gozar dos seus dereitos».

Corenta expedientes

Á saída da súa declaración, Linares sinalou que a xuíza e o fiscal interesáronse por unha gran cantidade de expedientes, pero non puido concretar o número. Informou de que tivera que dar explicacións sobre uns corenta. Os investigadores querían coñecer os procedementos que se seguiron na tramitación dos permisos. «Saio moi contento e é posible que aínda teña que volver declarar», anotou o xefe de Inmigración en Lugo. Recordou, á súa vez, que «cando un manexa moitos papeis, e eu manexei moitos, sempre se ten certa preocupación e saltan dúbidas do que poden ter aí [referíase ao xulgado]; en todo caso eu estou disposto a explicar cantos extremos consideren oportunos e en relación con todos os procedementos».

Preguntado se se producen moitos casos de explotación, dixo que só se rexistraron puntualmente. «Preocúpame moitísimo este asunto. ¡A saber as condicións en que poderían estar estas persoas!», engadiu o xefe de Inmigración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas