GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Primeira visita do presidente a Sudamérica

(03/12/2009)

Primeira visita do presidente a Sudamérica Feijoo inicia unha viaxe de seis días a Brasil, Arxentina e Uruguai

A xira inclúe visitas a Salvador de Bahía, Buenos Aires e Montevideo, con encontros coa emigración.

Autor:
S. Lorenzo
Data de publicación:
3/12/2009

 

Alberto Núñez Feijoo emprendeu onte o que é a súa primeira viaxe a Sudamérica desde que, hai sete meses, tomou posesión como presidente da Xunta. A xira de seis días inclúe visitas a Salvador de Bahía, Buenos Aires e Montevideo, onde o xefe do Executivo desenvolverá unha axenda na que os encontros coa emigración terán máis presencia que os actos institucionais.

Esa prioridade do contacto coa diáspora visualizarase o sábado, co paso de Feijoo pola nova delegación da Xunta en Buenos Aires. A sede simboliza a aposta do Goberno do PP por trasladar alén do Atlántico a súa política de austeridade, coa rescisión do contrato de aluguer da oficina que puxo en marcha o bipartito en outubro do 2007 e a mudanza a unhas dependencias máis modestas do Centro Galicia, que albergan esta embaixada desde setembro. Na mesma xornada, inaugurará na capital bonaerense o primeiro congreso de mozos descendentes de galegos. Aínda que o acto de maior calado no ámbito da diáspora será o que peche a axenda, o martes, coa intervención de Feijoo no pleno do Consello de Comunidades Galegas.

A escala con máis contido institucional será a primeira, en Salvador de Bahía, onde visitará mañá a asemblea lexislativa e o Centro Español. En Buenos Aires non está previsto ningún encontro co Gabinete Kirchner, pero será recibido o luns por Mauricio Macri, xefe do goberno da cidade autónoma. Nun plano máis cultural, inaugurará unha exposición sobre o Xacobeo na Universidade Católica Arxentina e outra organizada polo Consello da Cultura Galega en Montevideo. Feijoo retornará o mércores.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas