GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración pon en marcha o I programa de adestramento colectivo para a mocidade da diáspora

(27/11/2009)

Emigración pon en marcha o I programa de adestramento colectivo para a mocidade da diáspora

O Programa estructúrase en tres primeiras xornadas- 27, 28 e 29 de novembro- que terán continuidade on line a través da plataforma galiciaaberta.com

As xornadas buscan formar en habilidades directivas da máxima calidade á mocidade do exterior para que as comunidades galegas poidan contar con mozos preparados en formas innovadoras e máis eficaces de actuación, liderazgo e negociación

Ao longo destes días os mozos descendentes- que contarán coa participación de persoas significativas coñecedoras da realidade dos centros galegos e especialistas en habilidades directivas- crearán sinerxias entre eles, interactuando e potenciando o traballo en equipo

Buenos Aires, 26 de novembro de 2009.- A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Universidade de Vigo pon en marcha durantes esta fin de semana o I Programa de Adestramento Directivo para mozos líderes da emigración galega do área da Plata- Arxentina e Uruguai-.

As xornadas- que se abrirán mañá venres, 27 de novembro- buscan formar en habilidades directivas da máxima calidade á mocidade do exterior para que as comunidades galegas poidan contar con mozos preparados en formas innovadoras e máis eficaces de actuación, liderazgo e negociación.

Coa aportación de novas ideas e coñecementos- que fortalezan o cooperativismo galego da emigración- e a posta en común de obxectivos búscase crear actores dunha cultura innovadora que introduzan o xermolo do cambio nas entidades e centros galegos.

As sesións, de sete horas de duración, estructuraranse en tres primeiras xornadas- 27, 28 e 29 de novembro- orientadas á adquisición de coñecementos e nas que se contempla unha xornada de outdoor training ao aire libre. O módulo completaranse con outras dúas sesións ou xornadas de experiencias- 4 e 18 de decembro- nas que se inclúen prácticas para integrar os conceptos ensinados. Finalmente hai previstos dous talleres de reforzo a distancia, coa utilización da plataforma Galicia Aberta- 11 e 22 de decembro-

Ao longo destes días os mozos descendentes- que contarán coa participación de persoas significativas coñecedoras da realidade dos centros galegos e especialistas en habilidades directivas- crearán sinerxias entre eles, interactuando e potenciando o traballo en equipo e a motivación para trazar estratexias que aportar ao movemiento asociativo da comunidade galega e estructurar procesos de xestión innovadores para as organizacións.

A idea última é que as xornadas sexan autoxestionadas por eles mesmos- o capital humano actual e futuro das comunidades e da sociedade-.

Lugar de celebración

NH City & Tower 

Bolivar, 160. C1066 Buenos Aires (Arxentina)

- Inicio de programa: venres, 27 de novembro, ás 18:00 horas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas