GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Dous descendentes de galegos lideran unha gran expedición para conmemorar o Bicentenario de Arxentina

(27/11/2009)

Dous descendentes de galegos lideran unha gran expedición para conmemorar o Bicentenario de Arxentina

O proxecto pretende levar os soños de centos de nenos a 27 lugares emblemáticos da xeografía do país austral.

Autor:
Olga Suárez| Redacción dixital
Data de publicación:
26/11/2009
Hora:
Actualizada ás 16:14 h

Arxentina celebra o próximo 25 de maio o bicentenario da República, instaurada en 1810 tras a revolución na que se destituíu ao vicerrei español Baltasar Hidalgo de Cisneros. Entre os distintos actos que se preparan no país para conmemorar este día histórico, destaca un proxecto ideado e dirixido por dous fillos da emigración galega. Martín «Pachi» Iglesias e Humberto «Nono» Vázquez lideran a Expedición Bicentenario 2010, un proxecto que aúna o espírito aventureiro destes dous montañistas, as súas ansias por preservar os recursos naturais do país, coa promoción dun mundo máis xusto.

Con este espírito, os participantes do proxecto recollerán, desde agora e ata o próximo 25 de maio, os testemuños de arxentinos da xeración do bicentenario, que colocarán en 27 caixas de metal seladas e que serán colocadas en senllos lugares emblemáticos do país (unha por provincia e tres adicionais a Illas Malvinas, a Antártida Agentina e Monte Everest). De forma paralela, a expedición recollerá os soños dos nenos do país, impresos en pequenas bandeiras biodegradables, «que o vento se encargará de esparcir e facer chegar a cada un dos recunchos do país».

¿E por que dous galegos na organización deste gran evento? Pachi e Nono recordan o importante papel de España na anterior celebración centenaria da independencia arxentina, xa que hai cen anos a comunidade emigrante doou un monumento que se converteu en icona da Cidade de Buenos Aires. Dada a estreita relación de ambos os puntos do planeta, e a súa condición de galegos -o pai de Nono naceu en Vilagarcía, mentres que os bisavós de Pachi fixérono en Pontevedra e en Lugo- a súa idea é poder contar coa implicación no proxecto das institucións da comunidade autónoma. Así, puxéronse en contacto coa delegación da Xunta en Buenos Aires, para lograr a colaboración do colexio Santiago Apóstolo, e coa alpinista e concelleira viguesa Chus Lago, para que sexa ela quen leve os soños destes fillos de emigrantes galegos a algún espazo natural emblemático. De forma paralela, Pachi e Nono contactaron coa delegación de Euskadi en Arxentina, para conseguir a participación de Edurne Pasabán, que está preto de converterse na primeira muller en ascender os 14 ochomiles.

Ademais, «como descendentes de galegos» soñan con viaxar a Galicia para realizar unha expedición conxunta entre ambos os países, «para levar os soños dos nenos arxentinos pertencentes á colectividade galega e unilos cos soños dos nenos galegos que teñen familiares en Arxentina». Así, crearíase un círculo de confraternidade entre os dous pobos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas