GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Zapatero traballará por impulsar a política europea de inmigración

(26/11/2009)

Zapatero traballará por impulsar a política europea de inmigración
José Luís Rodríguez Zapatero tras reunirse en Atenas co primeiro ministro grego, Giorgos Papandreu, subliñou que traballará por impulsar a política europea de inmigración e avanzou a súa intención de fortalecer a axencia europea de fronteiras Frontex e de implicar máis aos Estados membros na política de retorno dos inmigrantes aos seus países de orixe. Ademais, comprometéronse a colaborar no desenvolvemento da economía verde e as enerxías renovables.

Redacción Mundo - 25-11-09

José Luís Rodríguez Zapatero, presidente do Goberno


O presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, e o primeiro ministro grego, Giorgos Papandreu, comprometéronse a colaborar no desenvolvemento da economía verde e as enerxías renovables, durante a breve reunión que mantiveron no Museo da Acrópole de Atenas.


Zapatero estivo só dúas horas en Atenas para manter a súa primeira entrevista formal con Papandreu e presentarlle a axenda e as prioridades da Presidencia española de quenda da UE no primeiro semestre de 2010.


O primeiro obxectivo será a recuperación económica tras deixar atrás a crise, algo que ocorrerá en pouco tempo, asegurou Zapatero.


Neste contexto, Zapatero avogou, por impulsar desde a UE un novo modelo de crecemento, "unha economía máis verde, máis produtiva e máis competitiva". "Estamos convencidos de que os países que gañen tempo e terreo para reformar o modelo enerxético marcarán a senda do progreso", destacou Zapatero. Papandreu avanzou que España transferirá tecnoloxía a Grecia como país "pioneiro" en enerxías renovables, en especial a solar. "Temos moito que aprender de España neste sector", afirmou.


Zapatero subliñou tamén que traballará por impulsar a política europea de inmigración, asunto que interesa aos dous países, e avanzou a súa intención de fortalecer a axencia europea de fronteiras Frontex e de implicar máis aos Estados membros na política de retorno dos inmigrantes aos seus países de orixe.


O xefe do Executivo fixo tamén fincapé na importancia que España dará ao Mediterráneo e recordou que Barcelona acollerá en xuño a II Cume da Unión polo Mediterráneo, centrada na conservación do seu ecosistema.


Zapatero tamén se interesou pola situación do barco grego "Ariana", secuestrado en augas do Índico desde principios de maio pasado, e comprometeu o seu apoio no marco da UE.


Foi o maquinista do atunero vasco "Alakrana", liberado a semana pasada, quen informou onte da penosa situación que atravesa a tripulación ucraína dese barco e denunciou que unha muller deu luz durante o cativerio e unha nena foi violada polos piratas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas