GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración asesora a aqueles que desexen voltar co "Servizo de información itinerante"

(26/11/2009)

Emigración asesora a aqueles que desexen voltar co "Servizo de información itinerante"

Durante esta fin de semana desenvolveranse accións de información e orientación individualizadas, dirixidas aos galegos e descendentes residentes en París.

• Nas xornadas darase información xeral e individual sobre os trámites previos e posteriores ao retorno a Galicia, así coma asesoramento específico acerca da asistencia sanitaria, prestacións por desemprego, pensións de xubilación, educación e vivenda ou axudas específicas ao retorno

• O Servizo de información itinerante intégrase no marco das medidas estratéxicas deseñadas pola Secretaría Xeral para aqueles que desexen voltar, coa finalidade última de que poidan exercer os seus dereitos coa mesma amplitude que os galegos que viven en Galicia

 

Santiago, 25 de novembro de 2009.- O subdirector xeral da Inmigración e Retorno, Antonio Aguarón, impartirá- durante esta fin de semana- charlas formativas de información e asesoramento ao retorno nos centros galegos colaboradores de París- durante o venres, 27 e o domingo, 29 -.

O contido das accións enmárcase no Servizo de información itinerante que resposta ás políticas que ten previsto desenvolver a Secretaría Xeral da Emigración nesta materia, coa finalidade última de todos aqueles que desexen voltar poidan exercer os seus dereitos coa mesma amplitude que os galegos que viven na Comunidade Autónoma.

Nas xornadas darase información xeral e individual sobre os trámites previos e posteriores ao retorno a Galicia-baixa consular, pasaporte, empadroamento, certificado de emigrante retornado, permisos de conducir- así coma, asesoramento específico acerca da asistencia sanitaria, prestacións por desemprego, pensións de xubilación, educación e vivenda ou axudas específicas ao retorno.

 

Políticas activas

A Secretaría Xeral da Emigración- a través da súa subdirección xeral de Inmigración e Retorno- quere respostar ás características específicas de Galicia e da súa emigración, nunha concepción de política activa de integración que vai máis ala da tradicional de carácter estrictamente asistencial.

 

Datas de celebración

27 de novembro (venres)

Hora: 19:00

Lugar de celebración: Salón do Hotel Melia Vendome, 1eiro Distrito. La Conciergerie Vendôme Les Halles, coa colaboración da Casa de Galicia de Toulouse, coa colaboración do Centro Cultural Galego de París.

Día: 29 de novembro (domingo)

Hora: 18:00

Lugar de celebración: Paroisse Sainte Hélène, 4 rue de l’esclangon, París e coa colaboración do Centro A Nosa Casa de Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas