GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Camba resalta a importancia de saber transmitir a herdanza da emigración e o "arraigo ás orixes" a fillos e netos

(26/11/2009)

Camba resalta a importancia de saber transmitir a herdanza da emigración e o "arraigo ás orixes" a fillos e netos

O secretario xeral da Emigración expresou que “grazas ao profundo sentido ético e grandes valores da nosa emigración, ser galego é sinónimo en todo o mundo de lealdade, espíritu de traballo e solidariedade”. 

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, xunto a Julia Iglesias, quen interviu no acto de recepción

Santiago, 26 de novembro de 2009.- O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, mantivo hoxe un encontro cos 130 participantes dos programas "Volver á terra" e "Ven a Galicia, ben en Galicia" procedentes da Arxentina e Andalucía, Canarias, Castela León, Madrid, Cataluña, Euskadi e Francia.

Santiago Camba expresou que “grazas ao profundo sentido ético e grandes valores da nosa emigración, ser galego é sinónimo en todo o mundo de lealdade, espíritu de traballo e solidariedade”. Así mesmo, Camba, recordou a importancia de saber transmitir esa herdanza e “a referencia de Galicia e o arraigo ás orixes” aos fillos e netos.

Camba enfatizou que eran estes “momentos para reencontrarse coas raíces, coas familias e lugares de orixe aos que enorgullecedes día a día”, subraiou. Por último o responsable da Emigración trasladou “o afecto e agarimo do Presidente- Núñez Feijoo- e a súa sensibilidade especialísima cos problemas que afectan aos paisanos que viven lonxe, traballando este executivo por tódolos galegos do mundo, estean onde estean”, concluíu.

O acto de recepción tamén contou coa intervención dunha das participantes, Julia Iglesias, de 67 anos quen emigrou a Buenos Aires en 1953 cando contaba con once anos de idade.

A maior das participantes de 92 anos de idade e procedente de Buenos Aires
 

Ámbolos dous programas teñen por finalidade favorecer o achegamento á súa terra e ás súas familias a estes emigrantes galegos de máis de 60 anos de idade e que redescubran as súas raíces. O programa "Volver á terra" agrupa a 58 participantes de Iberoamérica, mentres que pola modalidade do "Ven a Galicia, ben en Galicia" chegaron un total de 72 emigrados galegos doutras comunidades autónomas e de Europa.

Durante estes días, desde a súa chegada o pasado 18 de novembro, os participantes desfrutan dunha estancia na Residencia de Tempo Libre do Carballiño desenvolvendo actividades recreativas e culturais axeitadas e poñéndose en contacto coa realidade actual da súa terra- propiciando actividades que posibiliten o coñecemento da Galicia de hoxe- e o intercambio de experiencias co resto dos participantes. Pasada esta quenda regresarán aos seus lugares de residencia ou iniciarán unha estadía coas súas familias en Galicia- ata completar o tempo máximo de tres meses-.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas