GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O censo emigrante creceu máis en oito meses que en todo o ano 2008

(24/11/2009)

O censo emigrante creceu máis en oito meses que en todo o ano 2008
A un de setembro hai un total de 1.287.929 inscritos no CERA e as expectativas sitúanse en que se remate o
ano

I. Bande - Madrid - 23-11-2009 A emigración española segue en bo estado de saúde. Así se desprende dunha análise da evolución do Censo Electoral de Residentes Ausentes, CERA, que a data dun de setembro de 2009 alcanzou 1.287.929 censados. Isto significa que, como mínimo, durante os oito primeiros meses do ano, inscribíronse como españois 50.097 persoas (xa que a un de xaneiro había censadas 1.237.832 persoas); pero, probablemente, a cantidade foi maior, dado que a evolución do CERA non reflicte as baixas por falecemento ou retorno que se produciron neste período de tempo.


Colas ás portas do consulado de España na Habana.Este dato cobra maior relevancia se se compara coa evolución no mesmo período no Censo de Residentes, CER, que se incrementou en 141.066 persoas. De feito, o aumento das persoas que viven en España e teñen dereito a voto (xa sexa por nacementos ou por nacionalizacións) foi dunha porcentaxe mínima do 0,4% nos primeiros oito meses do ano, mentres que a poboación "emigrante' creceu neste mesmo período un 4,04% (dez veces máis).

Perspectivas

Tamén o pasado ano o ritmo de inscricións entre os emigrantes foi dez veces maior entre os emigrantes que entre os residentes ausentes, aínda que ao final en número de inscricións foi menor que as rexistradas nos oito primeiros meses de 2009. Entre xaneiro e decembro de 2008 o número de españois residentes no exterior con dereito a voto creceu nun total de 36.460 persoas (un 3,03%), mentres que entre os residentes aumentou en 106.053 persoas (un 0,31%). Agora o ritmo volveu a acelerarse.

Nos primeiros oito meses do ano inscribíronse 13.637 persoas máis que durante todo o 2008, co que as expectativas apuntan a rematar o ano chegando a unha cifra psicolóxica: 1,3 millóns de emigrantes. De feito, a media diaria de inscricións a maiores foi de 206. De manterse o ritmo a fins de ano poderíase contar con máis de 25.000 novas inscricións.

O aumento máis significativo produciuse logo das eleccións galegas e vascas de marzo. Nese mes inscribíronse 10.986 persoas. Nos meses de xuño, xullo e agosto a cifra media de censados superou as sete mil persoas (7.211, 7.012 e 7.626, respectivamente). A cifra máis baixa de inscritos produciuse nos meses de xaneiro e febreiro (5.122 e 2.461) debido sobre todo á depuración dos datos do ?censo emigrante' para as eleccións vascas e galegas do un de marzo.



Un de cada cinco "novos españois' reside en Arxentina

Cinco países do continente americano concentran máis da metade das altas do CERA durante 2009. É un dos efectos máis claros da reforma da nacionalidade, a través da Lei da Memoria Histórica, que a inicios de ano manifestouse en forma de colas ás portas de diversas embaixadas. Arxentina segue sendo o país con maior incremento de censados, un total de 10.881 persoas, o que supón un de cada cinco "novos' españois. Un de cada dez inscritos reside en Venezuela, onde nos oito primeiros meses do ano aumentou o CERA en 5.099 persoas. En Europa a evolución do CERA é moito menor, débese a que os residentes nestes países non tiveron que recuperar a súa nacionalidade española ao pertencer á Unión Europea. En Francia, o segundo país en maior número de censados (159.904), neste período o CERA aumentou en 871 persoas. Non é unha gran cifra, pero supón un envorco ao tradicional descenso do CERA no país veciño. Outros países europeos cunha emigración máis viva como Suíza e o Reino Unido subiron 942 e 710 inscritos, respectivamente.

Noticias relacionadas: > A maior parte dos novos censados son de Galicia e Madrid

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas