GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os inmigrantes ourensáns aprenden en Ribadavia a defender os seus dereitos como consumidores

(23/11/2009)

Os inmigrantes ourensáns aprenden en Ribadavia a defender os seus dereitos como consumidores

Autor:
La Voz
Data de publicación:
22/11/2009

As dificultades co idioma, o descoñecemento da legalidade vixente, os prexuízos sociais ou o propio medo a reclamar, converten aos inmigrantes nun colectivo especialmente vulnerable á hora de facer valer os seus dereitos como consumidores de bens ou servizos. Para intentar paliar estas realidade, onte desenvolvíase en Ribadavia un foro sobre consumo destinado especialmente a eles.

A iniciativa, organizada conxuntamente o Instituto Galego de Consumo e a Secretaría Xeral de Emigración, tivo unha excelente resposta e onte o salón do Centro Comalcal do Ribeiro quedou pequeno para albergar a un público que interesado todos os relatorios, pero especialmente as referidas á contratación de servizos telefónicos ou produtos bancarios.

Ambas as cuestións son as que máis dúbidas xeran -non só nos inmigrantes senón tamén nos autóctonos, tal e como quedou onte patente- pero ás cuestións máis comúns como foron o cobro de comisións polo mantemento do cartón de crédito, ou por ingresar ou sacar diñeiro da conta bancaria, no caso dos inmigrantes súmase tamén a operación do envío de remesas de diñeiro aos seus países de orixe para axudar ás súas familias.

Os asistentes recibiron tamén folletos específicos sobre o que debe fixar a etiquetaxe de predas téxtiles ou de videoxogos, seguridade dos xoguetes ou que ter en conta cando temos que contratar algunha reparación no fogar.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas