GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Inmigración a España diminúe e cambia de carácter

(18/11/2009)

Inmigración a España diminúe e cambia de carácter
17 de Novembro de 2009, 11:16AM ET

MADRID (AP) - España está recibindo unha inmigración menor que no pasado e máis orientada aos traballos especializados e cualificados, informou o goberno o martes ao dar a coñecer as cifras dos primeiros nove meses do ano.

O goberno interpretou o descenso do 30% na entrada de inmigrantes indocumentados entre xaneiro e setembro como unha nova fase do fenómeno migratorio.

A contratación de estranxeiros nos seus países de orixe para a súa entrada legal en España quedou en 15.000 persoas, moi lonxe das 180.000 de 2008 ou as 250.000 de fai dous anos.

"España superou xa a etapa de acusado impacto inmigratorio, caracterizado polo acceso ao noso país de catro millóns de persoas en pouco máis dunha década", dixo Consuelo Rumí, secretaria de Estado de Inmigración e Emigración do Ministerio de Traballo, nun almorzo informativo.

Rumí asegurou que o país ibérico está atravesando unha nova etapa de transición caracterizada pola retardación da entrada de estranxeiros e o progresivo cambio de perfil dos novos inmigrantes.

"pasamos dunha man de obra identificada polo seu carácter intensivo e non necesariamente cualificada, cara a un tipo de inmigración que, sen abandonar completamente a demanda de traballadores en sectores como a hostalería ou os servizos de proximidade, crecerá no seu nivel de especialización e cualificación", asegurou.

En España residen 4,5 millóns de inmigrantes, o 12% da poboación, un colectivo que se viu moi castigado nos últimos dous anos pola recesión económica e o colapso inmobiliario.

Se a taxa de desemprego no país é do 17,9%, entre os estranxeiros supera o 27,5%, segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística.

Unha das consecuencias da crise económica foi a reforma da lei de estranxeiría, que previsiblemente será aprobada a finais de ano.

A nova norma, moi criticada por asociacións e colectivos sociais, contempla algunhas ampliacións de dereitos, pero endurece os criterios para a reagrupación familiar e amplía o período de retención de inmigrantes indocumentados de 40 a 60 días nos chamados centros de internamento.

"O Goberno cre que estes centros deben existir e o que vai facer é reforzar as súas garantías", asegurou.

Rumí insistiu en que a lei impulsada polo goberno socialista defende a igualdade nos dereitos e obrigacións e respecta as normas básicas de convivencia e integración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas