GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta bolsa con 173.700 euros a 27 emigrantes galegos para que estuden en Galicia

(18/11/2009)

A Xunta bolsa con 173.700 euros a 27 emigrantes galegos para que estuden en Galicia

Autor:
La Voz
Data de publicación:
18/11/2009

Un total de 27 galegos que viven en Brasil, Uruguai, México, Arxentina, Estados Unidos, Cuba, Portugal, Suíza, Francia, Venezuela e Andorra poderán viaxar a Galicia para realizar este curso estudos nas universidades ou nos centros de FP que hai na comunidade. Farano coas bolsas concedidas pola Consellería de Presidencia e que ascenden a un total de 173.700 euros.

Cada un dos bolseiros recibirá un importe que varía entre os 6.000 e os 7.000 euros. A ese orzamento hai que engadir o abono da viaxe, unha bonificación aprobada unicamente para algúns deles. A maior parte das axudas para a viaxe son de 1.000 euros, un gasto que han de xustificar presentando o billete.

Para todos ábrese agora un prazo de 30 días no que han de remitir á consellería a documentación que acredite que están matriculados nas materias para as que pediron a bolsa. Primeiro abonaranlles un 70% do total da axuda, pero o 30% restante seralles embolsado cando rematen os estudos que os trouxeron a Galicia.

A área de Emigración publicou onte a lista de bolseiros. Xunto a ela tamén deu a coñecer a relación dos que obtiveron unha resposta negativa á petición. Algúns foron rexeitados por non presentar no tempo marcado os informes requiridos ou por non vivir no estranxeiro, como marcan as bases da convocatoria lanzada pola consellería.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas