1.234 estranxeiros en paro pediron regresar a casa
(16/11/2009)
1.234 estranxeiros en paro pediron regresar a casa
J. P. - Valencia - 14/11/2009
A Comunidade Valenciana é, con 1.234 persoas, a terceira autonomía en número de estranxeiros en paro que solicitaron acollerse ao Programa de Retorno Voluntario do Goberno e ocupa o mesmo lugar respecto dos inmigrantes que xa volveron (600).
En toda España a cifra de persoas que pediron volver a casa son 8.724 xunto con 1.581 familiares. Ademais, outros 3.000 xa regresaron ao seu país de orixe coa axuda do plan de Retorno Humanitario, para inmigrantes sen medios económicos.
Todos estes datos ofreceunos onte o ministro de Traballo e Inmigración, Celestino Corbacho, na reunión da comisión delegada para políticas de inmigración, onde se fixo balance do primeiro ano de funcionamento do plan.
Este programa permite aos inmigrantes percibir a suma total do subsidio de paro que lles corresponde en dous pagos: o 40% en España e o outro 60% no seu país. Segundo o ministerio, a maioría das solicitudes rexistráronse en Madrid (1.857) e Cataluña (1.432), ademais da Comunidade Valenciana (1.234).
En canto á orixe dos retornados, na cabeza están os ecuatorianos cun 44% de peticións, seguidos por un 18% de colombianos, arxentinos, peruanos e brasileiros con menos do 10% cada un deles.
A contía media das prestacións acumuladas recoñecidas ata o momento ascende a 9.148 euros por traballador, e en total xa se abonou unha cantidade próxima aos 52 millóns de euros. Ademais, concedéronse axudas por valor de case 3,5 millóns de euros para financiar a viaxe de retorno a 3.706 beneficiarios do programa. Segundo o ministro, o programa está cumprindo "razoablemente os obxectivos", xa que se acolleu en torno ao 10% da potencial poboación beneficiaria.
ACTIVIDADES
| L | M | Me | X | V | S | D | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | | | | | | | | | | | | |
|
AREA DE TÉCNICOS