GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O programa de alfabetización de inmigrantes a través do pop iníciase no Ateneo

(16/11/2009)

O programa de alfabetización de inmigrantes a través do pop iníciase no Ateneo

Autor:
La Voz
Data de publicación:
16/11/2009

 

O Concello de Ferrol estreará esta tarde o programa para reforzar a alfabetización de inmigrantes a través de cancións de música pop. A primeira das sesións levará a cabo ás 18.00 horas no Ateneo Ferrolán, cunha duración de tres horas. Haberá novas sesións mañá e o mércores e outras tres a próxima semana.

O taller Cantar e divertirse xuntos para unha alfabetointegración está dirixido a maiores e nenos desde os oito anos, co obxectivo de axudar a mellorar o uso da lingua e favorecer a convivencia e a integración. O programa estará dirixido polo músico búlgaro Yanko Dimov Yankov, con dezaseis anos de experiencia e diplomado en Maxisterio na especialidade de música, cuxo título está homologado en España. Residente en Ferrol desde o ano 2002, é trompetista, mediador intercultural e animador sociocultural, coa súa vida laboral certificada de forma oficial.

O límite de prazas para participar no programa é de 15. A inscrición pode realizarse na oficina de inmigración, situada no Edificio Social da rúa Sánchez Barcáiztegui ou a través do teléfono 981 944 230. O prazo manterase aberto ata completar a cota.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas