GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Un protocolo para atallar problemas de interpretación e discrecionalidad

(13/11/2009)

Un protocolo para atallar problemas de interpretación e discrecionalidad

Data de publicación:
13/11/2009

No que todo o mundo parece estar de acordo é na necesidade de que a Administración local dispoña dun protocolo de actuación para responder a casos como o exposto pola inmigrante colombiana Olga Contreras, que dispón dunha oferta de emprego pero atopou problemas para obter un informe de arraigamento positivo.

As instrucións do Ministerio de Traballo antóllanse o suficientemente vagas como para dar lugar a problemas de interpretación. Isto é, por exemplo, o que viña sucedendo no Concello de Vilagarcía, no que, á hora de emitir un certificado destas características, aplicábase o período mínimo que a lei de estranxeiría require para a expedición dun cartón de residencia: tres anos de empadroamento. Este criterio foi modificado en agosto, xunto á orde de eliminar os envíos de documentación negativa á Policía Nacional. A concellaría de Servizos Sociais marcou, entón, un prazo mínimo de residencia de seis meses no municipio para a resolución positiva dos expedientes.

No entanto, ata esta decisión xerou discusións internas no Concello. De aí o interese que a responsable do departamento, a nacionalista Ana Lorenzo, tomou na elaboración dun protocolo que marque criterios obxectivos para canalizar este tipo de procesos. Ademais do prazo de seis meses de empadroamento, o documento terá en conta a existencia ou non dunha oferta de traballo, ademais doutra serie de aspectos. A intención da concelleira é, en último termo, constituír en Vilagarcía unha oficina de asesoramento para inmigrantes e emigrantes retornados.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas