GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Unhas xornadas analizarán en Bos Aires o papel da muller na emigración

(10/11/2009)

Unhas xornadas analizarán en Bos Aires o papel da muller na emigración
- Bos Aires - 10-11-2009 O papel das mulleres na emigración será o tema en torno ao que ser centrarán gran parte dos debates do II ciclo de 'Historias de Mulleres e Mulleres na Historia', organizado polo Goberno de Bos Aires en colaboración con diversas entidades, entre elas a delegación da Xunta de Galicia na capital arxentina.
Participantes en la primera edición del Programa Todas.

Participantes na primeira edición do Programa Todas.

O Programa Todas (da Dirección Xeral da Muller GCBA), o Coordinamento Donne Italo Arxentinas e a Revista Virtual de Xénero Foeminas teñen o agrado de invitalas/os a participar do lanzamento do II Ciclo "De Historias
de Mulleres e Mulleres na Historia", Loitas, logros e desafíos. É esta edición abordásense as temáticas que atravesan ás mulleres nas súas prácticas e construcións históricas máis recentes. Por esta
razón, este ano centrarase nos problemas ligados ás migracións, a globalización, políticas e dereitos xénero e a economía.

O ciclo "De Historias de Mulleres e Mulleres na Historia" inaugurarase o mércores 11 de novembro ás 18.30 horas, no salón Ortega Pena da Defensoría do Pobo da Cidade de Bos Aires (Pedras 574). Neste primeiro encontro denominado "Igualdade de xénero, feminismos e
construcións políticas recentes" participarán Verónica Giordano (Socióloga e Historiadora, IIEG), Zulema Montero (Avogada, ex xuíza en Chuquisaca), María Rosa Arona (Politóloga, Miembra do Consiglio Generale degli Italiani all ' Estero e Ramona Álvarez Fleitas (Socióloga e
Coordinadora da Organización paraguaia ORERAPÉ) como moderadora. A apertura estará a cargo de Guadalupe Tagliaferri (Directora Xeral da Muller do Goberno da Cidade de Bos Aires). Esperamos contar coa túa presenza e coa túa participación.

O acto conta co apoio da delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires, o Comitato degli Italiani residenti all Estero, o Equipo Orerapé, o Centro Social e Cultural paraguaio 'Silvio Morinigo', a Asociación Civil Yanapacuna, Mulleres Peruanas Unidas Migrantes e Refuxiadas e
Q?Amasan Warmi (Forza de Muller).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas