GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaria Xeral da Emigración aposta pola "revisión e actualización dos instrumentos xurídicos vixentes" en materia migratoria

(09/11/2009)

A Secretaria Xeral da Emigración aposta pola "revisión e actualización dos instrumentos xurídicos vixentes" en materia migratoria

No transcurso da II Xornada de actualización xurídica en materia migratoria, organizada polo Consorcio As Mariñas, o subdirector xeral de Inmigración e Retorno abogou por “dar seguridade e certeza xurídica ao inmigrante”. 

• Alabouse “o extraordinario labor de asesoramento desenrolado polas entidades locais, neste eido, como primeira porta de entrada á administración do colectivo”.

• No Foro, que se desenrolará ao longo de toda a xornada, expertos en materia xudicial específica analizarán as solicitudes de autorizacións de residencia e traballo e a súa renovación ou novidades na tramitación dos expedientes.

Abegondo (A Coruña), 6 de novembro de 2009.- O subdirector xeral de Inmigración e Retorno, Antonio Aguarón, vén de inaugurar a II Xornada de actualización xurídica en materia migratoria na que abogou pola “revisión e actualización dos instrumentos xurídicos vixentes, a fin de que dean seguridade e certeza xurídica ao inmigrante”. Así mesmo, alabou “o extraordinario labor de asesoramento desenrolado polas entidades locais, neste eido, como primeira porta de entrada á administración do colectivo”.

No acto inaugural estiveron presentes o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes, o director do Plan Coordinador de Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas, Domingo Bayo Rodríguez e Antonio Roncero, xerente do Consorcio.

O subdirector xeral de Inmigración e Retorno- á dereita- xunto ao alcalde de Abegondo, José Santiso Miramontes.

No Foro participan tres expertas en materia xudicial, Victoria Fernández Gamboa, María Peteiro Álvarez e Marta Fernández Triana, asesoras xurídicas do Plan Coordinador de Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas –PCSS- que abordarán as diferentes reformas legislativas na materia. O programa é o que segue:

10.00 h. "Proxecto de reforma da Lei Orgánica 4/2000, de 11 de novembro" – Victoria Fernández Gamboa.

10.45 h. “Réxime xeral: Principais novedades introducidas polo Real Decreto 1162/2009, de 10 de xullo. Instruccións da Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración sobre cuestións de relevancia práctica en canto a solicitudes de autorizacións de residencia e traballo e a súa renovación”.

12.00 h. “Réxime Comunitario. Real Decreto 1161/2009, de 10 de xullo, e Instruccións da Secretaría de Estado de Inmigración sobre cuestións de relevancia práctica. Outras novedades na tramitación dos expedentes”. Esta segunda edición da xornada celébrase na aula multimedia do concello de Abegondo e a entrada é totalmente gratuíta.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas