GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis de 225.000 inmigrantes viven en España con autorización por reagrupación familiar

(05/11/2009)

Máis de 225.000 inmigrantes viven en España con autorización por reagrupación familiar
foto
Foto: Reuters

Foto: Reuters


MADRID, 4 Nov. (EUROPA PRESS) -


Máis de 225.000 inmigrantes viven en España cun permiso temporal de residencia por motivo de reagrupación familiar, o que supón un 4,77 por cento dos máis de 2,5 millóns de estranxeiros fincados no país que non proceden de ningún Estado da Europa Comunitaria, segundo datos do Ministerio de Traballo actualizados a 30 de setembro.

Atendendo á súa nacionalidade, o número máis amplo de autorizacións por reagrupación atópanse na comunidade iberoamericana, onde se inscriben 105.309 destes permisos, seguida da africana, á que pertencen 79.110 persoas que ostentan este tipo de cartón.

Segundo a estatística, a 30 de setembro vivían en España 1,06 millóns de persoas con autorización de residencia permanente, cifra que se incrementou en 40.000 permisos respecto do segundo trimestre do ano e na que xa se engloba o 22,5 por cento do total de estranxeiros non comunitarios.

Así mesmo, os datos sinalan que, na mesma data figuaban 79.197 estranxeiros coa súa situación recentemente regularizada por circunstancias especiais de arraigamento, preto de 5.000 máis que as rexistradas entre marzo e xuño deste mesmo ano. En total, quen ostentan esta autorización supón o 1,68 de todos os estranxeiros non comunitarios con residencia legal.

En canto aos permisos de residencia e traballo, un 18,87 por cento dos estranxeiros con cartón teñen autorización para empregarse por conta allea, fronte ao 0,31 que goza do permiso oficial para establecerse en España como autónomo.

En cifras absolutas, a 30 de setembro figuraban 889.666 estranxeiros co permiso temporal para traballar por conta allea, 13.116 persoas menos que no trimestre anterior. En canto aos autónomos, suman 14.843, douscentos máis que os inscritos entre abril e xuño.

Do total de estranxeiros con permiso temporal de residencia, 221.790 atópanse na primeira fase, a autorización inicial, que ten unha vixencia dun ano. Máis de 483.100 xa superaron a primeira renovación e 685.499 renovaron o permiso xa dúas veces.




A poboación inmigrante incrementouse máis do 16% no último ano a pesar da crise económica

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas