GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis migrantes acóllense ao plan de retorno

(04/11/2009)

Máis migrantes acóllense ao plan de retorno




Máis de 11 mil estranxeiros solicitaron axuda do Goberno español para volver aos seus países

EFE/AFP
Madrid, España


A crise económica na que está inmersa España levou a que cada vez sexa máis o número de inmigrantes que solicitan regresar aos seus países. Polo menos 11.464 inmigrantes inscribíronse no programa de retorno voluntario e o de atención social a persoas en situación de vulnerabilidade, admitiu onte a secretaria de Estado de España de Inmigración e Emigración, Consuelo Rumí.

Segundo fontes do Ministerio de Traballo español, desde fai un ano que entrou en vixencia o Plan de Retorno Voluntario rexistráronse 8.464 solicitudes para acollerse ao programa, lonxe das 80.000 solicitudes que o Goberno español calculaba que se producirían.

A funcionaria afirmou que o Goberno español está axudando para que quenes decidan regresar ao seu país o  fagan en "condicións dignas", polo que destinou unha partida de 2 millóns de euros (aproximadamente tres millóns de dólares) para este concepto.

O Plan de Retorno Voluntario para desempregados púxose en marcha en novembro de 2008 e beneficia entre outros a cidadáns de 10 países iberoamericanos, como Arxentina, Chile, Colombia, Ecuador, México, Paraguai, Perú, República Dominicana, Uruguai e Venezuela.

Os solicitantes deben estar inscritos como demandantes de emprego e o plan consiste en que reciben por adiantado dúas veces o total do subsidio de desemprego, que normalmente é mensual: o 40% en España e o resto, ao regresar ao país de orixe.

Rumí sinalou que a reforma da Lei de Estranxeiría, recentemente aprobada no Congreso dos Deputados e que debe aprobarse no Senado, manterá o retorno voluntario e garantirá un "tratamento ordenado" do fenómeno migratorio.

En setembro pasado, o ministro de Traballo, Celestino Corbacho, sinalou que hai preto de 500.000 inmigrantes en paro, que representan o 28% do total en España, que conta cunha poboación de 46,6 millóns de persoas, das cales o 12% son inmigrantes.

O Plan de Retorno Social está dirixido a inmigrantes que queren volver ao seu país ao atoparse en situación de precariedade ou en risco de exclusión social.

Neste caso, as autoridades españolas outorgan un billete de avión, tamén unha axuda de viaxe de 50 euros (73 dólares) por cada membro da unidade familiar e outra de 400 euros (586 dólares) por persoa ata un máximo de 1.600 euros (2.346 dólares) por unidade familiar para a reintegración no seu país de orixe.

Segundo unha portavoz da Secretaría de Estado de Inmigración, no que vai do ano solicitaron este tipo de regreso preto de 3.000 persoas fronte ás 1.821 solicitudes que se produciron en 2008 e as 1.184 de 2007.

Ademais, a Secretaria de Estado indicou que a oferta para contratar traballadores de forma regular nos seus países de orixe será baixa en comparación con anos anteriores.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas