GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta desenvolverá un programa de sensibilización para inmigrantes

(04/11/2009)

A Xunta desenvolverá un programa de sensibilización para inmigrantes



Santiago de Compostela, 3 nov (EFE).- As secretarías xerais de Igualdade e de Emigración da Xunta e a Asociación de Centros Homologados asinaron hoxe un convenio para o desenvolvemento dun programa de sensibilización e formación en violencia machista dirixido á poboación inmigrante que reside en Galicia.

Con esta iniciativa o Goberno galego pretende que as mulleres inmigrantes dispoñan dos recursos e a información necesaria para saber onde acudir cando sufran ou coñezan un episodio de violencia machista, informou a Secretaría Xeral de Igualdade nun comunicado.

O programa estará composto de diferentes módulos formativos de 5 horas de duración, que se impartirán na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago, así como en "aquelas vilas cunha maior porcentaxe de persoas inmigrantes", e concluirá coa celebración dunha xornada sobre mulleres e inmigración. EFE.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas