GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A UE estuda realizar voos conxuntos de repatriación de inmigrantes

(30/10/2009)

A UE estuda realizar voos conxuntos de repatriación de inmigrantes
EFE , Bruxelas |
O cume da Unión Europea (UE) estuda realizar voos conxuntos de repatriación de inmigrantes indocumentados, unha idea nova a nivel comunitario que Francia e Reino Unido comezaron a aplicar este mes con ilegais afgáns.

O borrador do texto de conclusións do Consello Europeo que hoxe conclúe en Bruxelas inclúe esta idea dentro dunha serie de propostas para reforzar as capacidades de acción de Frontex, a axencia de control das fronteiras exteriores da UE.

Entre esas propostas figuran "procedementos comúns claros con regras de enfrontamento claras" nas operacións marítimas conxuntas, así como unha maior cooperación operativa entre Frontex e os países de orixe e tránsito de inmigrantes irregulares.

Con todo, a proposta máis rechamante é "a posibilidade de fretar voos regulares conxuntos de repatriación financiados por Frontex".

Os voos conxuntos de repatriación de inmigrantes indocumentados foron propostos inicialmente por Francia que este mesmo mes organizou un voo xunto coas autoridades británicas para devolver a varios cidadáns afgáns detidos en ambos os países.

O comisario europeo encargado de cuestións migratorias, o francés Jacques Barrot, insistiu entón en que ese tipo de voos de repatriación debe respectar tres condicións "estritas".

A primeira é que as autoridades nacionais deben asegurarse de que a vida dos repatriados non corría perigo en Afganistán.

As autoridades deben tamén asegurarse previamente de que os repatriados non desexan solicitar asilo e, no caso de que o fixeron, asegurarse de que a petición foi xestionada de forma debida antes de ser rexeitada.

Ademais do reforzo da capacidade operativa de Frontex, o capítulo sobre inmigración ilegal do texto de conclusións deste cume insiste na "importancia dos acordos de readmisión" a nivel comunitario como instrumento para combater a inmigración ilegal.

Os Vinte e sete tamén instan á presidencia e á Comisión a que intensifiquen o diálogo con Libia en cuestións migratorias, especialmente en temas como cooperación marítima, control de fronteiras e readmisión de indocumentados chegados desde ese país norteafricano.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas