GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración publica os relatorios do IX Pleno do Consello de Comunidades Galegas

(30/10/2009)

Emigración publica os relatorios do IX Pleno do Consello de Comunidades Galegas

O consello- máximo órgano representativo das comunidades galegas asentadas no exterior- xuntará en Montevideo, entre o 6, 7 e 8 de decembro, a representantes das asociacións galegas da emigración e aos membros natos do plenario, entre os que se atopa o secretario xeral da Emigración, varios conselleiros e os rectores das tres universidades galegas.

 

  As políticas socioasistenciais, muller e xuventude, tecnoloxía e cultura e galeguidade foron os relatorios elixidos sobre os que os participantes, a través de galiciaaberta- poderán introducir aqueles contidos que lles interesan propór para enriquecer os textos, que durante o Pleno serán sometidos a debate.

Santiago, 28 de outubro de 2009.- A Secretaría xeral da Emigración fai públicas a partir do portal web galiciaaberta.com os relatorios que se someterán a debate no IX Consello de Comunidades Galegas que se celebrará as súas xornadas de traballo os vindeiros días 7 e 8 de decembro en Montevideo.

A ferramenta web da que dispón a Secretaría Xeral da Emigración- conectada coas distintas páxinas dos centros galegos participantes- empregarase como instrumento de comunicación idóneo e de interacción, a fin de que os participantes da comunidades galegas do exterior, poidan presentar con facilidade e flexibilidade a introducción dos contidos que lles interesan propór para enriquecer os textos dos relatorios:

- “Políticas socioasistenciais”

- “Muller e Xuventude”

- Tecnoloxía e Cultura”

- “Galeguidade”

O futuro da emigración a debate

A partir destes relatorios os participantes someterán a debate durante o Consello cuestións de vital importancia, das que se fai seguimento anual, e que afectan ás comunidades de emigrantes galegos no exterior, como o foi en sesións anteriores o relatorio referido á creación dun entorno tendente á universalización socio-sanitaria para tódolos emigrantes galegos. Daí a formalización dos primeiros programas de concesión de axudas e a elaboración dun marco que permite unha actuación inmediata e efectiva de axuda ós galegos que se vexan afectados por situacións de crises económicas ou socio-políticas, como a acontecida na Arxentina en 2001.

O Consello- máximo órgano representativo das comunidades galegas asentadas no exterior- convoca nesta capital rioplatense ademais dos 149 representantes da colectividade e a algúns dos membros natos do plenario- entre os que figura o secretario xeral da Emigración, varios conselleiros e os rectores das tres universidades galegas.

Pola lei de galeguidade posibilitouse ás comunidades galegas desde 1983 a súa inserción no futuro da vida social e cultural do pobo galego. O consello de comunidades galegas ten carácter deliberante, funcións consultivas e de asesoramento das institucións da Comunidade Autónoma de Galicia. O espíritu asociativo dos gallegos lévanos a constituir fóra de Galicia auténticas comunidades que serven de vínculo de unión e comunión coa terra.

O primeiro plenario tivo lugar en xullo de 1985 en Santiago de Compostela, e vense celebrando cunha periodicidade de tres anos. Nas súas sesións ordinarias participan representantes de todas as entidades galegas no exterior que teñen recoñecida a galeguidade así como os membros das institucións de Galicia previstos na Lei.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas