O xoves 29 de outubro falláronse os premios do concurso fotográfico "Centenario das Sociedades de Emigrantes de Vedra ".
O xurado composto por Lucía González Louro, concelleira de cultura de Vedra; Fernando Bellas Jiménez, fotoxornalista; Juan José Álvarez Castro, fotógrafo afeccionado e, Celia Alegre Maceira como membro do comité técnico asesor do Centenario das Sociedades de Emigrantes de Vedra en Arxentina.
Despois de deliberar durante máis de tres horas e, vendo a alta calidade das obras presentadas decidiuse o fallo como segue:
• Primeiro Premio dotado con 1.000 euros á fotografía "El Dorado", de José Félix Hernández Pérez
• Segundo Premio dotado con 600 euros á fotografía "Un descanso no traballo", de Juan Antonio Vidal Ramos
• Terceiro Premio dotado con 300 euros á fotografía "Arriba Tunera", de Vicente Guill Fuster
• Cuarto Premio dotado con agasallo conmemorativo e diploma á fotografía "Patera", de Cecilio López Sánchez
• Quinto Premio dotado con agasallo conmemorativo e diploma á fotografía "La Salvación", de Anselmo Rascón Figueroa
• Primeiro Accesit dotado con diploma á fotografía "El Viaje", de André Pina Moreira Boto
• Segundo Accesit dotado con diploma á fotografía "Hei voltar", de Martinho Picallo
O Concello agradécelles a todos os participantes a magnífica acollida que lle deron ao certame e, espera contar coas súa participación nas vindeiras edicións do concurso.