GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración propón emprendemento, orientación e intermediación laboral para a integración plena do colectivo inmigrante e retornado

(28/10/2009)

Emigración propón emprendemento, orientación e intermediación laboral para a integración plena do colectivo inmigrante e retornado

A xornada Creación de emprego inmigración e retorno. Experiencias e orientacións prácticas reúne a máis de cen profesionais co obxecto de dar unha visión global das distintas actuacións que se están a desenrolar polas administracións autonómicas e locais, así como nas entidades de iniciativa social do ámbito das migracións.

Estes encontros transversais buscan ofrecer unha perspectiva práctica das políticas de emprego a favor colectivo dos inmigrantes e dos retornados.

A conferencia inaugural correu a cargo da deputada nacional, Carmen Guerra, quen calificou a reforma da lei de estranxeiría “como menor, non aportando solucións a algún dos principais problemas dos inmigrantes como é o paro, que nestes momentos acada o 28,8% no conxunto do Estado”.

Recordouse igualmente que “a inmigración é competencia única e exclusiva do goberno central, polo que lles cómpre a eles encarar as dificultades dentro do marco lexislativo”.

 

Santiago, 27 de outubro de 2009.- O subdirector xeral da Inmigración e Retorno, Antonio Aguarón Turrientes, inaugurou a xornada sobre Creación de emprego, inmigración e retorno: experiencias e orientacións prácticas, organizada pola Secretaría Xeral da Emigración e que se levará a cabo na Escola Galega da Administración Pública- EGAP-.

O subdirector xeral de Inmigración e retorno, Antonio Aguarón, durante o acto inaugural

No marco desta xornada búscase ofrecer unha perspectiva práctica das políticas de emprego que se están a desenvolver a favor do colectivo dos inmigrantes e dos retornados, “tendo no acceso laboral das persoas migrantes o acceso a súa integración plena”, apuntou no acto de apertura o subdirector de Inmigración e Retorno da Xunta de Galicia. Aguarón Turrientes engadiu que “garantir melloras de traballo no colectivo é fundamental, por canto constitúe a fonte normalizada de obtención de ingresos, e é unha das canles principais de establecemento de relacións persoais e sociais”.

Aguarón, aludiu á importancia da “formación de profesionais de alto nivel no ámbito das migracións internacionais e da mediación intercultural, que contribuirán a favorecer unha convivencia harmónica e intercultural no xurdimento de novas demandas e necesidades sociais relacionadas coa xestión dos procesos migratorios e dos colectivos migrantes”.

Lei de extranxeiría

A conferencia inaugural- Migracións, texido productivo e emprendemento: reforma da lei de estranxeiría- correu a cargo de Carmen Guerra, deputada nacional e ponente adxunta da comisión da lei de Inmigración.Guerra, informou acerca do estado actual da reforma da lei de estranxería, no relativo ás regularizacións, á reagrupación familiar, ao réxime sancionador e outras materias conexas ás políticas de inserción sociolaboral en España.

A deputada, Carmen Guerra, xunto a Aguarón no transcurso da súa intervención

A deputada calificou á reforma da lexislación na materia “como menor e de cara á galería, non aportando solucións a algún dos principais problemas dos inmigrantes como é o paro, que nestes momentos acada o 28,8% no conxunto do Estado”, recordando igualmente que “a inmigración é competencia única e exclusiva do goberno central, polo que lles cómpre a eles encarar as dificultades dentro do marco lexislativo”.

A xornada Creación de emprego inmigración e retorno continuou con obradoiros sobre economía social, emprendemento, orientación e intermediación laboral- moderados por expertos- nos que se analizan as fórmulas axeitadas para acadar que o cooperativismo e a economía social permitan acceder ao emprego; as avantaxes que supón o autoemprego como saída laboral ou a importancia da orientación e intermediación laboral para acceder ao mercado de traballo.

Xestión colectiva

Na devandita xornada- Creación de emprego, inmigración e retorno: experiencias e orientacións prácticas- participan representantes de diferentes comunidades autónomas- Cataluña e Valencia- e da administración local, que exporán as súas experiencias, co obxecto de dar unha visión global das distintas actuacións que se están a desenrolar e achegarán “os seus puntos de vista; intercambiando coñecementos, experiencias no quefacer diario e boas prácticas”, subraiou o subdirector xeral.

En total, hai inscritos máis de cen profesionais entre os que figuran ademais entidades de iniciativa social do ámbito das migracións- como fundacións, ONGs e diferentes asociacións de inmigrantes-.

Na actualidade, o incremento da inmigración, así como a importancia dos fluxos migratorios en Galicia representan un dos fenómenos socioeconómicos, con perfís específicos, que precisan de especial atención por parte de profesionais e axentes sociais formados neste ámbito concreto, “como elemento clave para acordar obxectivos e desenvolver actuacións coherentes e políticas activas de medidas que faciliten o proceso de acollida e adaptación inmigrantes e retornados que elixiron Galicia como terra de futuro”, sostivo o responsable de Inmigración e Retorno.

“Galicia en cifras”

Actualmente hai en Galicia un total de 95.568 inmigrantes, cifra que case se cuadriplicou respecto do ano 2.000, que se registraban 25.602 empadroados. Os principias países de inmigración resultan: Portugal- 18.521 inmigrantes-, Brasil- 10.574-, Colombia- 8.279-, Romanía- 5.187-, Arxentina- 5.148- e Marrocos- 4.667-.

En termos porcentuais, do total da poboación galega- 2.784.169 habitantes- os nosos inmigrantes representan un 3,4%, asentándose mayoritariamente nas provincias de Pontevedra e A Coruña.

Respecto da población retornada, cerca de 37.800 residen hoxe en Galicia. América é o continente do que proceden a maioría dos emigrantes retornados representado un 86,5 %, seguido de Europa que supón un 13,3 %.

Galicia é a terceira comunidade autónoma, despois de Madrid e Cataluña, que recibe máis españois procedentes do estranxeiro. Isto indica a importancia do retorno a Galicia, que pasou de ser un país de emigración no pasado a ser un país de retorno nestes últimos anos, máis propiamente que de inmigración – se a comparamos coa totalidade de España-.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas