GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Consorcio das Mariñas crea unha plataforma para facilitar a integración dos inmigrantes

(27/10/2009)

O Consorcio das Mariñas crea unha plataforma para facilitar a integración dos inmigrantes

Autor:
La Voz
Data de publicación:
27/10/2009

O Consorcio das Mariñas acaba de crear unha Plataforma de Participación Cidadá co fin de facilitar a integración da poboación inmigrante, unha iniciativa que estará integrada por representantes políticos, técnicos do Plan Coordinador do Consorcio e asociativos do territorio, segundo un comunicado tras a reunión de constitución, que estivo presidida por Abel López Soto, alcalde de Sada e presidente da Comisión de Servizos Sociais do consorcio.

Os responsables do Consorcio das Mariñas entenden que na súa área de influencia detéctase un constante incremento de poboación estranxeira, e unha das principais dificultades coas que se atopa a cidadanía, tanto estranxeira como nacional, é a de participar dalgunha forma nas decisións políticas que en moitos casos afectan directamente ás súas obrigacións e dereitos como integrantes dunha comunidade. Por este motivo, o consorcio dá un paso máis pondo en marcha este novo espazo de diálogo para unha mellor convivencia. A plataforma estará aberta a aquelas entidades con obxectivos de acción coincidentes e estará situada na sede do Consorcio das Mariñas.

Segundo os integrantes, a Plataforma de Participación do Consorcio das Mariñas nace como iniciativa do Servizo de Mediación Intercultural do Plan Coordinador de Servizos Sociais desta institución, destinada a asociacións, colectivos, entidades públicas ou privadas e organismos que teñan algún tipo de relación coas actuacións necesarias para a integración social e laboral da poboación inmigrante.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas