GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Empresarios galegos buscan novas vías de negocio en Brasil

(23/10/2009)

Empresarios galegos buscan novas vías de negocio en Brasil

Un grupo de profesionais da comunidade viaxará a Río de Janeiro entre o 29 de novembro e o 6 de decembro, dentro do Plan Foexga.

Autor:
Redacción dixital
Data de publicación:
22/10/2009
Hora:
Actualizada ás 16:36 h

 

Empresarios de toda Galicia buscarán novos mercados para os seus produtos en Brasil na misión comercial plurisectorial que se celebrará na cidade de Río de Janeiro do 29 de novembro ao 6 de decembro do 2009.

O obxectivo da misión é o de potenciar a presenza galega nunha das máis emerxentes economías a nivel mundial, ademais dun dos destinos máis importantes das exportacións españolas. O desprazamento está enmarcado dentro do Plan Foexga (Plan de Fomento das Exportacións Galegas) e será organizado pola Cámara de Comercio de Pontevedra en colaboración co resto de Cámaras da comunidade.

Ademais da misión, as empresas poderán participar no resto de actividades previstas. O 1 de decembro terán lugar unhas Xornadas Técnicas organizadas polas Cámaras de Comercio de Galicia que consistirán nunha presentación a empresarios e profesionais de Río sobre a potencialidade os sectores produtivos galegos de Construción Naval e Autopiezas, Enerxías Alternativas e Renovables, Editorial e Audiovisual, Sector Turístico, Materiais e Maquinaria para Construción, Equipos e Maquinaria para a Industria de Pesca e Acuicultura e Derivados.

 

Programa

Desde o 1 ata o 5 de decembro levará a cabo a exposición dos diferentes catálogos das empresas galegas participantes na misión. E desde o 2 ata o 5 procederase á elaboración de axendas individualizadas na sede das empresas brasileiras. O país suramericano converteuse nos últimos anos nun verdadeiro paraíso en canto ás oportunidades para os investimentos estranxeiros, consolidou a súa posición de líder indiscutible no desenvolvemento económico de América Latina e mostrouse como un dos sistemas máis sólidos á hora de resistir as arremetidas da crise financeira global. De feito, Brasil recibiu o grao de investimento outorgado por algunhas das máis prestixiosas axencias de cualificación crediticia, como Fitch, Standard & Poor?s ou Moody?s, todo un signo de calidade que só obteñen os países que garanten e aseguran a entrada de capitais estranxeiros.

Ademais, o Banco Central prevé o despegamento definitivo da economía brasileira para o próximo ano, cun crecemento estimado do 4,5%. Aínda por riba, os incesantes achados petrolíferos nas costas dos Estados de Espírito Santo, Río de Janeiro e Sãou Paulo reafirman as teorías de que Brasil marcará o camiño do subcontinente nas próximas décadas.

As excelentes relacións comerciais e políticas entre Brasil e España e a boa imaxe das empresas españolas son outras das moitas vantaxes que presenta Brasil na actualidade.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas