GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Manifestacións contra a Lei de Estranxeiría

(19/10/2009)

Manifestacións contra a Lei de Estranxeiría
| 2009-10-19 03:31:21 Miles de persoas, convocadas por 70 asociacións de inmigrantes e organizacións solidarias, manifestáronse onte en varias cidades españolas para pedir a retirada da reforma da lei de estranxeiría, que consideran « unha grave regresión » dos dereitos recoñecidos á poboación inmigrante.

Máis de 70 asociacións de inmigrantes manifestáronse este sábado en 10 cidades españolas "Madrid, Bilbao, Barcelona, Terrasa (Barcelona), Guadalaxara, Tenerife, Gran Canaria, Alacante, Murcia e Málaga" para pedir a paralización do proxecto de reforma da Lei de Estranxeiría porque "lesiona gravemente" os dereitos e liberdades deste colectivo.

Miles de manifestantes marcharon este sábado polas rúas da cidade de Madrid para esixir unha lei que respecte os dereitos humanos dos inmigrantes baixo o lema de "Paremos a reforma da Lei de Estranxeiría. Temos dereito a ter dereitos". Así mesmo, pediron o adiamento do proxecto de reforma desta lei que "arremete contra os dereitos básicos das persoas".

Os manifestantes, que coreaban lemas como "ningún ser humano é ilegal", "todos somos inmigrantes" ou "igualdade e dignidade para todos", contou coa animación dun grupo percusionista que pechaba a marcha.

No manifesto final, lido pola actriz Pilar Bardem, os convocantes, ademais de rexeitar a reforma da lei de estranxeiría, en tramite parlamentario, lamentan que non se adopte unha política respectuosa cos dereitos humanos e "máis acorde coa realidade da inmigración".

O proxecto de lei recibiu máis de 500 emendas e mantén a ampliación do prazo de detención de inmigrantes indocumentados de 40 a 60 días no Centro de Internamento de Estranxeiros

Trátase da cuarta reforma nos últimos nove anos que sufrirá a Lei Orgánica de reforma, do pasado 11 de xaneiro deste ano, sobre Dereitos e Liberdades dos Estranxeiros en España e a súa Integración Social.

O proxecto de lei, en trámite parlamentario, recibiu máis de 500 emendas e mantén a ampliación do prazo de detención de inmigrantes indocumentados de 40 a 60 días no polémico Centro de Internamento de Estranxeiros (CIE), unha especie de cárcere onde son remitidos os inmigrante detidos pola policía española que practica redadas nos centros de chamadas telefónicas, entradas e saídas dos metros e diversos sitios con alta concorrencia de inmigrantes.

A nova lei tamén limita a reagrupación familiar ao núcleo familiar e pena a solidariedade, posto que prevé multas de ata 10 mil euros (14 mil 889 dólares) a toda persoa que reciba na súa vivenda particular a un inmigrante indocumentado.

(Axencias)

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas