(21/02/2023)
A Federación Venezolana de Galicia retoma o servizo de oficinas itinerantes informativas por toda Galicia
A Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA) retoma o servizo de oficinas itinerantes informativas por toda Galicia. A primeira terá lugar en Santiago o vindeiro sábado 25 de febreiro, organizada por Avesanti.
Redacción, Vigo
18/02/23 -
Nestas reunións, Fevega informa, orienta e asesora, de maneira personalizada, a emigrantes retornados e venezolanos, en temas de vital importancia, tales como:
emprego, formación, emprendemento, asistencia sanitaria, educación, protección internacional, axudas, subvencións, pensións e asesoría legal, entre outros.
Os técnicos de Fevega e o avogado de Avesanti conformarán a oficina de información e asesoría itinerante 2023.
Este programa gratuíto é unha iniciativa exclusiva de Fevega, organización que vén realizándoo desde o ano 2017 en toda Galicia, coa finalidade de achegar a información e asesoría aos venezolanos e retornados en toda a Comunidade, conxuntamente coas asociacións locais membros de Fevega.
A oficina itinerante en Santiago terá lugar o sábado 25 de febreiro, de 10:30 a 13:15 horas, no Centro Socio Cultural O Ensanche (rúa Frey Rosendo Salvado, 14-16). Por haber aforo limitado, é necesario reservar cita a través do teléfono 620 968 552 ou ao correo electrónico: avesanti2017@gmail.com.
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas