GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta presentará en Suíza, o país europeo con maior colectividade galega, a Estratexia Galicia Retorna

(21/02/2023)

A Xunta presentará en Suíza, o país europeo con maior colectividade galega, a Estratexia Galicia Retorna

O secretario xeral da Emigración explicará esta fin de semana en Xenebra e Zürich as liñas básicas deste documento, integrado por un cento de iniciativas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegas e galegos do exterior.

 

Xunto a Antonio Rodríguez Miranda, representantes das fundacións Nortempo e Venancio Salcines exporán os detalles do novidoso programa Retorna Cualifica Emprego, que ofrecerá formación e un contrato indefinido a 400 beneficiarias e beneficiarios.

 

O Goberno galego destinará a este obxectivo, que incide en catro áreas principais (asesoramento, eido social, educativo e laboral), máis de 450 millóns de euros durante os próximos catro anos. 

 

Suíza é o país europeo con maior número de galegas e galegos residentes, 41.300, unicamente precedido en América pola Arxentina, O Brasil e Cuba. 

 

Emigración continúa así coas presentacións desta ferramenta que xa foi exposta na Arxentina e Uruguai.

 

O venres, 24 de febreiro, presentarase en Xenebra e o sábado 25 en Zürich

O venres, 24 de febreiro, presentarase en Xenebra e o sábado 25 en Zúrich

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2023.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentará esta fin de semana en Suíza, o cuarto país do mundo con máis poboación galega, 41.300 persoas, a nova Estratexia Galicia Retorna 2023-26, aprobada o pasado 15 de decembro polo Consello da Xunta de Galicia. A Xunta inicia así a campaña de difusión deste documento en Europa, onde residen preto de 114.000 galegas e galegos. Ao país alpino viaxarán tamén representantes das fundacións Nortempo e Venancio Salcines, encargadas de xestionar o novidoso programa Retorna Cualifica Emprego.

 

O documento duplica tanto en medidas como en orzamento ao anterior, aprobado en 2018 e que “marcou un punto de inflexión nas políticas de retorno levadas a cabo en España ata o momento”, segundo sinalou Miranda. O secretario xeral da Emigración presentará a Estratexia Galicia Retorna 2023-26 o venres 24 ás 19 horas, da man da asociación A Nosa Galiza de Xenebra, na Brasserie Arcoop; e o sábado 25 ás 17 horas, en colaboración coa Asociación Cultural “As Xeitosiñas” de Zürich, na súa sede situada na rúa Zürcherstrasse.

 

Emigración comeza así en Suíza a ruta polos países europeos con maior presenza de galegas e galegos residentes. Este país é o que conta con maior colectividade en Europa, con 41.300 galegas e galegos, sendo o cuarto do mundo, despois da Arxentina, O Brasil e Cuba. 

 

Partindo da idea do retorno non só como un dereito, senón como unha vantaxe competitiva para incorporar á sociedade galega persoas de distintos países coa súa formación e experiencia profesional, a Estratexia Galicia Retorna ten como obxectivo facilitar o regreso de 30.000 retornadas e retornados nos próximos 4 anos, tanto emigrantes como os seus e as súas descendentes.

 

Máis de 450 millóns de euros

 

A Estratexia Galicia Retorna conta cun cento de medidas e máis de 450 millóns de euros de presuposto para seguir facendo de Galicia a mellor opción para vivir para as galegas e galegos residentes no exterior. Para acadar este reto, o documento incide en catro áreas principais: asesoramento e seguimento, eido social, educativo e laboral.

 

A nova Estratexia conta cun importante protagonismo do eido laboral, xa que o emprego é imprescindible para asentar poboación, de aí que se destinen 175 millóns ao desenvolvemento de 38 medidas que teñen que ver coas competencias profesionais e laborais das persoas beneficiarias. 

 

Retorna Cualifica Emprego

 

Unha das máis importantes é o programa Retorna Emprego, promovido pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, que busca casar as vacantes das empresas coas necesidades laborais das e dos retornados. A través desta iniciativa, a Xunta ten previsto que máis de 400 galegas e galegos do exterior con formación regresen a Galicia este ano cun contrato indefinido na man, ademais de dispor de asesoramento e tutela na súa nova andaina. O Goberno galego investirá case 4 millóns nesta iniciativa coa que se dá un novo chanzo para adaptar as necesidades do mercado laboral á man de obra que precisa.

 

Esta novidosa medida  permitirá aos seus beneficiarios e beneficiarias volver á súa terra de orixe cun contrato dunha duración mínima de 12 meses e unha axuda económica para financiar os gastos iniciais, tanto da viaxe de ida a Galicia coma outros de establecemento na Comunidade. 

 

Deste xeito, a Xunta de Galicia continúa a expor entre as colectividades galegas do exterior a nova Estratexia Galicia Retorna 2026, como xa fixo a comezos de mes na Arxentina e Uruguai.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas