GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

96 bolseiras e bolseiras BEME están a cursar un máster no presente curso académico na Universidade de Vigo

(15/02/2023)

Emigración recolle as impresións sobre o retorno das e dos bolseiros BEME que están a cursar un máster na Universidade de Vigo

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantiveron un encontro con estes alumnos e alumnas que se benefician dunha das liñas de apoio ao retorno que forman parte da Estratexia Galicia Retorna.

 

Na UVIGO están a estudar, grazas a esta bolsa de excelencia académica, 96 galegas e galegos universitarios do exterior.

 

96 bolseiras e bolseiras BEME están a cursar un máster no presente curso académico na Universidade de Vigo

96 bolseiras e bolseiras BEME están a cursar un máster no presente curso académico na Universidade de Vigo

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Vigo (Pontevedra), 15 de febreiro de 2023.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantiveron  esta mañá, no edificio administrativo da Xunta na cidade olívica, un encontro coas e cos bolseiros BEME que están a cursar un mestrado na Universidade de Vigo. Á reunión asistiron alumnas e alumnos dos mestrados que imparte esta universidade, que son galegas e galegos retornados do exterior ou descendentes de galegas ou galegos, e que obtiveron en 2022 unha destas axudas de excelencia que outorga a Secretaría Xeral da Emigración para poder ampliar estudos superiores.

 

As e os alumnos BEME trasladáronlle ao secretario xeral as súas impresións sobre os cursos que están a levar a cabo, as problemáticas ás que se enfrontaron ao chegar a Galicia ou as súas inquedanzas por poñer en marcha un negocio ou buscar un emprego para poder quedarse a vivir na nosa comunidade autónoma.

 

Na UVigo están a estudar este curso 96 alumnas e alumnos, dos que 58 o fan no campus de Vigo, 12 en Ourense e 26 en Pontevedra. Proceden de 15 países distintos, sendo Arxentina o país con maior número de beneficiarias e beneficiarios, aínda que tamén proceden de Portugal, Reino Unido, Venezuela, Uruguai, Brasil, Polonia, Alemaña, Venezuela ou Cuba, entre outros. 

 

Pola súa banda, o secretario xeral recordou que xa se atopa aberta a nova convocatoria destas bolsas para o próximo curso 2023/24.

 

O Goberno galego destinará a esta nova convocatoria 2,3 millóns de euros impulsando a captación dun total de 250 tituladas e titulados universitarios galegos e de currículo brillante, residentes no estranxeiro e cunha titulación de grao, licenciatura, enxeñaría ou arquitectura, que poderán cursar estudos de mestrado nalgunha das tres universidades galegas.

 

As e os beneficiarios destas bolsas de excelencia son galegas e galegos por nacemento ou descendentes por consanguinidade, e deben acreditar un mínimo de dous anos de residencia no exterior e estar admitido na preinscrición dalgún dos másteres das universidades galegas.

 

A Xunta impulsa así o retorno de currículos brillantes ao tempo que contribúe á fixación de poboación na Galicia territorial, cunhas axudas que van entre os 7.500 e os 12.000 euros, dependiendo do número de créditos que se cursen e do continente de procedencia. Este ano, e para paliar a situación da inflación actual, as bolsas aumentarán de media uns 500 euros con respecto ao pasado curso. 

 

O obxectivo das BEME é non so atraer cada ano galegas e galegos que viven fóra e que completen aquí a súa formación especializada senón que traballen en Galicia e que fixen tamén no territorio galego definitivamente a súa residencia.

 

Neste sentido, todos os beneficiarios e beneficiarias destas axudas contarán, un ano máis, cunha orientación laboral coa que se pretende non só captar para Galicia o talento máis brillante de entre os mozos e mozas residentes fóra fomentando o retorno da poboación activa laboral, senón tamén facilitarlles o seu establecemento definitivo na comunidade. A oferta céntrase en estudos con capacidade de absorción no tecido produtivo e laboral galego. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas