GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda planifica a colaboración coa Asociación Rioplatenses de Lugo na atención aos retornados e retornadas da Arxentina ante o seu importante incremento

(01/02/2023)

Miranda planifica a colaboración coa Asociación Rioplatenses de Lugo na atención aos retornados e retornadas da Arxentina ante o seu importante incremento

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro con esta entidade que leva anos traballando coa colectividade de retornadas e retornados arxentinos.

 

A Administración autonómica colabora con esta asociación a través dun acordo de 5.000 euros anuais.

 

Rioplatentes de Lugo súmase ao labor de información e asesoramento aos retornados e retornadas que leva a cabo a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno situada na Delegación da Xunta en Lugo.

 

Imaxe do encontro celebrado esta mañá na capital lucense

Imaxe do encontro celebrado esta mañá na capital lucense

 

Lugo, 31 de xaneiro de 2023.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe, na Sala Muralla do edificio institucional da Xunta na capital da provincia, un encontro coa presidenta da Asociación de Rioplatenses de Lugo, Anta María Bereciartúa Gasparini, para coñecer as necesidades actuais de colaboración con este colectivo ante o importante aumento das e dos retornados procedentes da Arxentina que está a detectar esta entidade nos últimos meses.

 

O secretario xeral da Emigración recordou que a Xunta de Galicia colabora coa Asociación de Riplatenses de Lugo a través dun acordo de 5.000 euros anuais que permite a realización de diversas iniciativas que teñen como finalidade, principalmente, informar e asesorar no que precisen a estes retornados e retornadas, de cara a facilitar a súa chegada á nosa sociedade. Neste senso, trasladou o compromiso da Administración autonómica para continuar a colaborar coa entidade para reforzar a súa labor de acollida e apoio a este colectivo, cada vez máis numeroso en Galicia. 

 

Durante este encontro tamén se analizaron as actividades e iniciativas que esta asociación desenvolveu o ano pasado co obxectivo de integrar ás e aos retornados do país do Cono Sur en Galicia, así como a planificación prevista para este 2023 neste contexto de incremento de retorno de  galegas e galegos procedentes dos países da contorna do Río da Prata, especialmente, Arxentina. 

 

Miranda recordou que o labor de asesoramento e información ás persoas retornadas desta entidade vén a complementar o traballo que realiza a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno da Secretaría Xeral da Emigración e que se atopa na Delegación da Xunta en Lugo. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas