GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración destina 575.000 euros ás axudas destinadas a obras e adquisición de equipamentos para as entidades galegas do exterior

(31/01/2023)

Emigración destina 575.000 euros ás axudas destinadas a obras e adquisición de equipamentos para as entidades galegas do exterior

A convocatoria deste ano distribúese en dous programas, un destinado a obras e conservación do patrimonio, e outro para a mellora de dotacións e equipamento de carácter inventariable.

 

O prazo de presentación das solicitudes rematará o próximo 28 de febreiro.

 

O prazo de solicitude estará aberto do 31 de xaneiro ao 28 de febreiro de 2023

O prazo de solicitude estará aberto do 31 de xaneiro ao 28 de febreiro de 2023

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2023.

 

O Diario Oficial  de Galicia publica hoxe a nova liña de axudas para as entidades galegas do exterior que contará cun crédito orzamentario de 575.000 euros e que se destinará á conservación do patrimonio, mellora de equipamentos e reforma das instalacións.

 

Pódense acoller a esta liña de axudas todas as entidades, sen diferencia pola súa tipoloxía: as comunidades galegas, centros colaboradores da galeguidade, e centros de estudo e cultura galega.

 

A convocatoria distribúese en dous programas, un destinado a obras, adquisición de instalacións e conservación do patrimonio, e outro para a mellora de dotacións e equipamento de carácter inventariable, que inclúe aplicacións informáticas de xestión para a súa dixitalización, facilitando así por unha banda, a relación coa Administración en relación Á presentación e xustificación de subvencións, así como co Rexistro de Comunidades Galegas, o que permitirá que teñan actualizada toda a súa documentación. 

 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, ata o próximo 28 de febreiro, e as entidades poderán solicitar ata o 80% do investimento total. En concreto, as entidades demandantes poderán solicitar axudas para obras, reforma de instalacións, conservación do patrimonio cultural e mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

 

O secretario xeral da Emigración, Rodríguez Miranda, destacou que “ao igual que en anos pasados, mantemos o apoio e a colaboración coas nosas entidades para que, poidan continuar a contar cos recursos suficientes para garantir non só o seu funcionamento senón tamén cunhas instalacións axeitadas que permitan dar a mellor atención aos nosos galegos do exterior”.

 

Os centros interesados poden tamén informarse a través desta ligazón.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas