GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia rompe a súa tendencia e recupera poboación

(21/01/2023)

Galicia rompe a súa tendencia e recupera poboación

 

   O primeiro semestre do ano pasado pechouse con 2.772 galegos máis


Imaxe de arquivo dun bebé recentemente nado / GETTY


Iñigo Caínzosicainzos93

Radio Galicia20/01/2023 -
Santiago de Compostela


Por primeira vez en moito tempo, creceu a poboación en Galicia. O primeiro semestre de 2022 concluíu con 2.722 galegos máis. Foi un tímido cambio de tendencia, despois de anos e décadas coa demografía galega en declive. Houbo un repunte nos seis primeiros meses do ano grazas, en boa parte, á inmigración.

Segundo o Instituto Galego de Estatística, na primeira metade do ano pasado había 2.693.451 galegos, o que supón un incremento de poboación por primeira vez desde a pandemia. Esta recuperación contrasta coa caída de 2021, cando se perderon 5.420 habitantes. Aínda seguimos por baixo das cifras do primeiro semestre de 2020, e moi lonxe dos máis de 2,77 millóns que vivían en Galicia en 2011. A Coruña e Pontevedra permitiron este leve repunte poboacional.

Os expertos chaman á cautela, porque aínda que se trata dun dato positivo, seguen sendo críticos coa situación demográfica da nosa comunidade. O profesor de Xeografía Humana da Universidade de Santiago de Compostela, Carlos Ferrás, asegura que Galicia está a deixar de ser unha terra de emigrantes para atraer poboación, pero alerta de que seguimos entre os territorios máis envellecidos de España, e á cola en nacementos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas