GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Seguridade Social terminou 2022 con máis de 2,5 millóns de afiliados estranxeiros

(17/01/2023)

A Seguridade Social terminou 2022 con máis de 2,5 millóns de afiliados estranxeiros

-Representan o 12,3% do total de cotizantes á Seguridade Social


-Ao longo de 2022, o número de ocupados foráneos creceu en 194.000 persoas


-Hai 13.400 persoas procedentes de Ucraína afiliadas máis que no período previo ao impacto da invasión rusa


Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións - 17.1.2023

 

A Seguridade Social rexistrou 2.500.677 afiliados estranxeiros en decembro, unha vez descontada a estacionalidade e o efecto calendario. Son 14.780 traballadores máis que o mes anterior e eleva a 194.013 o aumento deste colectivo ao longo de 2022.

Se tomamos como referencia febreiro de 2020, antes do impacto da pandemia, o sistema rexistrou un aumento de máis de 311.256 traballadores doutros países.




Esta cifra supuxo en decembro o 12,3% do total de afiliados á Seguridade Social en termos desestacionalizados.

Afiliación media

En termos medios e sen desestacionalizar, é dicir, na serie orixinal, a Seguridade Social contou en decembro con 2.460.719 afiliados estranxeiros, dos que 826.806 son de países da Unión Europea (un 33,6%) e 1.633.913, de terceiros países (o 66,4% restante).

En total, supoñen 3.933 afiliados menos que o mes anterior. Un 56,2% son homes (1.382.811), mentres que o 43,8% son mulleres (1.077.908). Os grupos de traballadores estranxeiros máis numerosos proceden de Romanía (330.857), Marrocos (305.428), Italia (158.635), Colombia (127.891) e Venezuela (125.201).

Nos últimos doce meses, a afiliación media de traballadores procedentes doutros países creceu un 8,4%, é dicir, sumou 190.913 ocupados.

Máis de 60.000 afiliados ucraínos

Ademais, entre outras nacionalidades, hai 60.676 afiliados procedentes de Ucraína. Supoñen 13.417 máis que en xaneiro, o mes anterior ao comezo da guerra.



A maioría dos traballadores procedentes de Ucraína que traballan no noso país, preto do 90% están encadrados no Réxime Xeral (son asalariados) e o 10% constan como traballadores por conta propia.

Réximes e sectores

En conxunto, un 83,3% dos afiliados estranxeiros estano no Réxime Xeral e suman 2.050.132. Este mes, o sector que máis subiu é o da Administración Pública (2,2%), así como o Sistema Especial Agrario (2,2%). Descenderon Hostalería (-1,7%) e Construción (-1,6%).

Pola súa banda, o Réxime de Autónomos conta con 406.313 afiliados estranxeiros. Do total de traballadores foráneos por conta propia, a maior porcentaxe de cotizantes provén de China (15,3%), Romanía (11,1%) e Italia (8,8%). Neste réxime, destaca o incremento en Transporte e Almacenamento (1,4%).

Por territorios, a afiliación media de estranxeiros aumentou especialmente en Andalucía (2,3%) e en Castela-A Mancha (1,4%).

AFILIADOS MEDIOS POR CC.AA. E RÉXIME

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas