GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración destinou case 3M€ a garantir a viabilidade e o funcionamento das entidades galegas no exterior

(16/01/2023)

Emigración destinou case 3M€ a garantir a viabilidade e o funcionamento das entidades galegas no exterior

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou o apoio destinado a gastos de funcionamento, actividades, infraestruturas e equipamentos.

 

O secretario xeral da Emigración, na visita á Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo o pasado mes de outubro

O secretario xeral da Emigración, na visita á Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo o pasado mes de outubro

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2023.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou os case 3 millóns de euros destinados en 2022 ás entidades galegas no exterior e que tiveron como fin facer fronte aos gastos de funcionamento, actividades, infraestruturas e equipamentos.

 

En concreto, destináronse a gastos de funcionamento, proxectos culturais e accións especiais, 1,5M€, xunto a outros 533.000 para reformas e equipamentos e 876.000 máis destinados a acordos de colaboración con entidades sociais que asisten aos nosos galegos e galegas no exterior. 

 

Moitas das actividades desenvolvidas ao longo do 2022 por parte dos centros galegos do exterior tiveron o Xacobeo como eixe central, co obxectivo de potenciar e promocionar o Camiño de Santiago entre os seus socios e socias, así como a poboación xeral dos seus países de residencia.  

 

A Xunta de Galicia continuará no 2023 traballando para manter a colaboración con estas entidades, en especial co obxectivo de fomentar a programación cultural, social e formativa das e dos nosos galegos no exterior, así como para axudar nas obras, reforma, habilitación e conservación das instalacións e do patrimonio cultural.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas