GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta convoca as axudas para as e os universitarios con dificultades económicas imprevistas que poden solicitar as galegas e galegos retornados para que poidan continuar os seus estudos

(12/01/2023)

A Xunta convoca as axudas para as e os universitarios con dificultades económicas imprevistas que poden solicitar as galegas e galegos retornados para que poidan continuar os seus estudos

O obxectivo desta convocatoria é que a aparición dunha causa sobrevida non obrigue a un alumno ou alumna a abandonar a súa formación por falta de recursos.

 

O importe das bolsas oscila entre os 1.750 e os 3.000 euros, en función da renda familiar. 

 

Estas axudas forman parte da nova Estratexia Galicia Retorna que vén de aprobar o Goberno galego.

 

Estas bolsas forman parte das cen medidas que integran a Estratexia Galicia Retorna 2023-2026

Estas bolsas forman parte das cen medidas que integran a Estratexia Galicia Retorna 2023-2026

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2023.

 

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas destinadas ao alumnado das universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia que, por causas sobrevidas ocorridas ao longo do curso académico 2022/23, teña dificultades económicas para continuar estudos. O obxectivo desta liña de actuación da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades é que a aparición dun suceso ou situación imprevista non obrigue a un alumno ou alumna a abandonar a súa formación por falta de recursos. Estas axudas poden solicitalas as galegas e galegos universitarios retornados que se atopen nesta situación, xa que forman parte da nova Estratexia Galicia Retorna.

 

Entre estas causas están a orfandade absoluta, o desemprego, o falecemento, a falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgunha ou dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar, a condición de persoa emigrante retornada, a de vítimas de violencia de xénero ou actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar. O curso pasado recibiron estas axudas 18 alumnas e alumnos, cunha contía total de 50.500€.

 

Contías e requirimentos

 

As axudas, cuxo importe dependerá da renda familiar, oscilarán entre os 1.750 e os 3.000 euros. Para acceder a elas, as alumnas e alumnos deberán estar matriculados no curso académico 2022/23 como mínimo en 50 créditos en estudos universitarios de grao, en calquera das universidades públicas galegas. No caso do alumnado ao que lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos, deberá de estar matriculado como mínimo de 30 créditos.

 

Ademais, a renda per cápita da unidade familiar deberá ser inferior ao importe anual da pensión non contributiva individual que estableza a lei de orzamentos xerais do estado para o ano 2023 multiplicada por 1,80.

 

As solicitudes deberánpresentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Se a causa imprevista aconteceu con anterioridade á publicación da convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 9 de febreiro. Se ocorre con posterioridade, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo a data límite o 31 de xullo. Se a causa é o falecemento dalgunha ou dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar, o prazo de presentación abranguerá desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de xullo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas