GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

‘Luces de alén mar’, a exposición que recolle o legado educativo da emigración galega chega a Ramirás

(09/12/2022)

‘Luces de alén mar’, a exposición que recolle o legado educativo da emigración galega chega a Ramirás


A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; a alcaldesa de Ramirás, Isabel Gil Álvarez; e a presidenta da Asociación Cultural Rebulir, Sandra González Sousa, inauguran este venres (18:00 horas) en Ramirás (Ourense) a mostra ‘Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia’, unha exposición que recolle o legado educativo da emigración galega. A exposición poderase ver no centro de saúde ata o 31 de decembro.

 

Redacción, Santiago
08/12/22 -

 

A emigración galega ten características moi singulares que as distingue doutros movementos migratorios. Entre elas destacan accións solidarias e exemplarmente altruístas de emigrantes que financiaron, construíron, custearon e sostiveron as construcións escolares, retribuíndo a Galicia coas remesas que propiciaron a escolarización e instrución. Sobre esta dimensión vira ‘Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia’. A mostra naceu ao abeiro dunha efeméride, o centenario fundacional das sociedades galegas de instrución radicadas en América que tivo lugar en 2012. Desde entón, a exposición percorreu unha parte representativa dos concellos de Galicia dando a coñecer esta faceta menos coñecida da emigración galega.

A través dos seus paneis a exposición documenta os preto de 250 centros que se fundaron en Galicia e que deron conta dun ideario pedagóxico diferenciado. Estes centros gozaron de híbridos e funcionais plans de estudos; de materiais de ensino innovadores nas escolas do seu tempo; contaron cun profesorado cualificado e impulsaron actividades e institucións complementarias que implicaban acotío os escolares coa veciñanza. Un aperturismo inusitado na Galicia da época que se asentou nas localidades de procedencia dos e das emigrantes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas