GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta amplía ata o 24 de outubro o prazo para que a Mocidade do Exterior solicite as Bolsas para retornar a Galicia e cursar FP de nivel básico

(04/10/2022)

A Xunta amplía ata o 24 de outubro o prazo para que a Mocidade do Exterior solicite as Bolsas para retornar a Galicia e cursar FP de nivel básico

Trátase do programa ‘Retorna Mocidade’, do que poderán beneficiarse 54 mozos que recibirán unha bolsa 6.500€ de apoio económico para a viaxe, o aloxamento e a manutención durante o próximo curso 22-23.

 

Cursarán formación específica básica de Albañilería e fontanaría no Centro Integrado de FP de Someso (A Coruña) e de Fontanaría, calefacción, electricidade e telecomunicacións no Universidade laboral (Culleredo) e no Ferrolterra (Ferrol).

 

A Xunta amplía ata o 24 de outubro o prazo para que a Mocidade do Exterior solicite as Bolsas para retornar a Galicia e cursar FP de nivel básico

A Xunta amplía ata o 24 de outubro o prazo para que a Mocidade do Exterior solicite as Bolsas para retornar a Galicia e cursar FP de nivel básico

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2022.

 

Tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, a Xunta vén de ampliar ata o día 24 de outubro o prazo para que a Mocidade do exterior solicite acollerse ás bolsas do programa Retorna Mocidade, unha iniciativa que lles permite cursar en Galicia estudos de Formación Profesional de nivel básico, e para a cal a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina un total de 351.000€ para o vindeiro curso académico 2022-23.

 

Trátase dun total de 54 bolsas, dotadas con 6.500€ cada unha delas, inclúen a viaxe desde o país de procedencia, o aloxamento e manutención na Comunidade galega e a subscrición dun seguro médico de ser o caso. Os beneficiarios recibirán un primeiro pagamento de 3.700€ no primeiro trimestre do curso (co único requisito de estar matriculado) e un segundo pagamento de 2.800€ no segundo trimestre da formación. Neste caso o alumno deberá ter aprobado o 70% dos módulos cursados no primeiro trimestre.

 

Centros e requisitos

 

As axudas van destinadas a cursar formación específica básica de Albañilería e fontanaría no Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Someso, na Coruña; e de Fontanaría, calefacción, electricidade e telecomunicacións nos CIFP Universidade Laboral (Culleredo) e no Ferrolterra (Ferrol), a razón de 18 prazas en cada centro.

 

A convocatoria -en réxime de concorrencia competitiva- está dirixida á cidadanía galega residente no exterior que cumpra unha serie de requisitos como ser menor de 40 anos, posuír a nacionalidade española, acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.

 

Ademais, é necesario ser emigrante nado en Galicia ou ter residido en Galicia de xeito continuado durante dez anos con nacionalidade española antes de emigrar, ou ser descendente por consanguinidade dunha persoa que cumpra algunha destas condicións e ter nacido no estranxeiro.  

 

Estratexia Retorna

 

Esta convocatoria, incluída dentro da Estratexia Retorna posta en marcha polo Goberno galego, busca incentivar o retorno dos galegos do exterior, non só dos emigrados, senón tamén dos seus descendentes, favorecendo a súa incorporación e a dos seus fillos nos centros de Formación Profesional da Comunidade así como o acceso ao mercado laboral.  

 

Enmárcase, ademais, no paquete de accións deste tipo desenvolvidas ata o momento como son as bolsas para cursar estudos de FP de grao Superior e as Bolsas de Excelencia para a Mocidade Exterior (BEME), estas últimas da Secretaría Xeral da Emigración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas