GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O PSdeG-PSOE de Ourense explica a emigrantes retornados detalles das pensións alemás

(26/09/2022)

O PSdeG-PSOE de Ourense explica a emigrantes retornados detalles das pensións alemás

    Luis Gulín web 

    Luis Gulín, secretario de Migracións do PSdG-PSOE de Ourense

     

     

     

    O PSdeG-PSOE de Ourense informa que a área de migracións do partido recibiu durante as últimas semanas varios correos e numerosas chamadas de retornados e retornadas de Alemaña para realizar consultas sobre os trámites a realizar para dar de baixa a familiares falecidos que percibían unha pensión complementaria da empresa (Betriebs ou Firmenrente) a maiores da pensión oficial.

     

    O secretario de migracións do PSOE ourensán, Luís Gulín, explica que “moitos de estes retornados entenden, por erro, que ao falecer a persoa titular da pensión oficial da seguridade social alemá, a propia seguridade comunica a outras entidades privadas a nova situación, algo que non acontece”.

     

    Neste senso, dende a área de migracións aproveitan para lembrar que “hai que informar do falecemento da persoa en cuestión á entidade pagadora desa chamada pensión de empresa e enviar unha tradución xurada do certificado de defunción”. Gulín subliña que “se a viúva ou viúvo ten dereito a unha pensión complementaria de viuvez hai que facer a solicitude correspondente e achegar a páxina do libro de familia onde consta a celebración do matrimonio” e engade que “esa páxina fotocopiada debe ir tamén acompañada da tradución xurada correspondente”.

     

    Dende o PSdeG-PSOE de Ourense tamén aproveitan para lembrar que as cantidades percibidas por erro desde o falecemento “hai que devolvelas á entidade aseguradora”. Lembran, unha vez máis, que se a persoa falecida percibiu ara o día da defunción máis de 14.000 euros de ingresos por pensión estranxeira ou por dúas pensións, “os herdeiros están obrigados o próximo ano a presentar a declaración da renda”.

     

     

    Novas e Actualidade


    Titulares
    Histórico


     ACTIVIDADES

    Abril 2024
    LMMeXVSD
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728
    2930     
           



     AREA DE TÉCNICOS

     Usuario:
     Contrasinal:
     

     
    ¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

    OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

    (c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
    FEGAMPinmigracion@fegamp.es
    Xunta de Galicia

    Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas