GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración organiza 36 obradoiros de música, cociña e cultura galega para as entidades do exterior

(22/09/2022)

Emigración organiza 36 obradoiros de música, cociña e cultura galega para as entidades do exterior

Estas actividades serán organizadas polos propios centros en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, e continuarán este ano sendo telemáticas en América e presenciais  en España e Europa.

 

Neste 2022 son beneficiarias 15 entidades galegas do exterior en América, 18 en España e 4 en Europa

Neste 2022 son beneficiarias 15 entidades galegas do exterior en América, 18 en España e 4 en Europa

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2022.

 

A Secretaría Xeral da Emigración acaba de publicar a adxudicación dos 36 obradoiros que se realizarán en colaboración coas  entidades galegas do exterior para dar formación ás persoas asociadas en folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega nas entidades galegas do exterior.

 

A información pode consultarse a través desta ligazón.

 

O departamento autonómico que dirixe Antonio Rodríguez Miranda, volveu organizar estes obradoiros presenciais para as entidades galegas do exterior en España e Europa, e que en América se desenvolverán novamente, ao igual que o ano pasado, só de xeito telemático. 

 

Esta iniciativa ten como obxectivo a realización de obradoiros de baile, gaita, percusión, pandeireta e canto, artesanal (encaixe de palillos e confección de traxes tradicionais), cociña galega e seminarios de cultura galega. As entidades puideron solicitar ata 3 cursos e propor profesorado para que o imparta, sempre que estivera incluído nas listas de persoas formadoras na modalidade solicitada.

 

En total, a Secretaría Xeral destina 150.000 euros para a posta en marcha de estas iniciativas, sendo beneficiarias 15 entidades galegas do exterior en América, 18 en España e 4 en Europa. 

 

Os obradoiros presenciais desenvolveranse nas instalacións dos centros con todas as  medidas de seguridade sanitaria. Os obradoiros virtuais realizaranse a través dunha plataforma onde a persoa formadora e o alumnado interactuarán conforme as necesidades das persoas participantes co fin de optimizar a aprendizaxe. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas