(22/09/2022)
CESAR QUIAN
22 sep 2022 .
O alumnado de primeiro de bacharelato do IES Agra do Orzán que forma parte do Club Estatístico do centro realizou o traballo Onde caben dous, caben cinco. Neste proxecto, realizaron unha análise social e demográfico da cidade, centrándose especialmente nos factores relacionados coa inmigración no barrio e no instituto. Este mércores presentaron o traballo no Centro Ágora, como parte das actividades do programa Agra non Ágora. Pablo Araújo Rodríguez, Florencia Isabel Balmelli Rivero, Eduardo A. Tella Vidal e Isabel Rodríguez Polín, os autores do proxecto, contaron coa colaboración da oenegué Ecos do Sur e obtiveron o primeiro premio no XII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos. Os alumnos estiveron tutorizados pola súa profesora de Matemáticas, María Anxo Martínez Rodríguez.
|
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas