GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración colabora con Fegaus no proxecto Bela Galicia para achegar actividades de formación e divulgación en liña dos galegos e galegas do exterior

(21/09/2022)

Emigración colabora con Fegaus no proxecto Bela Galicia para achegar actividades de formación e divulgación en liña dos galegos e galegas do exterior

Entre os cursos que se van ofertar, e nos que participarán os interesados e interesadas a través das entidades galegas do exterior, atópanse xornadas formativas sobre asesoramento para o retorno, dixitalización, información sobre axudas públicas e apoio psicolóxico.

 

Tamén participan neste proxecto a Consellería de Política Social, a Amtega, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Xacobeo.

 

Antonio Rodríguez Miranda, durante a presentación do proxecto 'Bela Galicia' de Fegaus

Antonio Rodríguez Miranda, durante a presentación do proxecto "Bela Galicia" de Fegaus

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2022.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe á presentación do proxecto Bela Galicia de Fegaus, xunto ao director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, o director xeral do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, e o presidente de la Federación, Alejandro Otero. Esta iniciativa ten como obxectivo ofrecer formación aos galegos e galegas do exterior a través dunha plataforma dixital que informa e divulga sobre o Camiño de Santiago, a historia de Galicia, o retorno, o coñecemento sobre aplicacións dixitais e incluso aporta apoio psicolóxico. 

 

Este proxecto foi posto en marcha pola Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior, que agrupa ás sete asociacións de alumnos e exalumnos e alumnas dos programas de maiores dos sete campus universitarios de Galicia, e que conta con máis de 2.000 persoas asociadas. 

 

A proposta é crear un fío condutor, a través de diversos cursos en liña, entre Galicia e o resto do mundo, e en especial cos galegos e galegas do exterior, que lles axude a valorar a terra, o idioma, os costumes, estreitar relacións e facilitar visitas e posibles retornos. Para iso, ponse en marcha a Canle Dixital do Coñecemento de Galicia, onde se ofrecen diversos servizos, tanto formativos, como lúdicos e de participación, tanto no ámbito das políticas sociais, como da historia, do lecer, a lingua galega ou as novas tecnoloxías, en especial, para as persoas da Terceira Idade. 

 

En relación ao ámbito que ten que ver coas entidades do exterior, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, animou a todos os centros a sumarse a este canal de contidos relativos a Galicia, e, en especial, a todas e todos os galegos que, vivindo fóra das nosas fronteiras, ou sendo descendentes de emigradas e emigrados desexen buscar información sobre a nosa comunidade autónoma e tamén sobre o retorno.

 

A plataforma web de xestión atópase aloxada na páxina web de Fegaus na seguinte ligazón: https://fegaus.canalsenior.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas