GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración publica o listado de persoas seleccionadas no programa “Conecta co Xacobeo” que permitirá que 250 galegas e galegos de Europa, España e América, percorran o Camiño de Santiago

(16/09/2022)

Emigración publica o listado de persoas seleccionadas no programa “Conecta co Xacobeo” que permitirá que 250 galegas e galegos de Europa, España e América, percorran o Camiño de Santiago

A convocatoria está dirixida a persoas de entre 18 e 64 anos vinculadas aos centros galegos do exterior, co obxectivo de difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo.

 

O programa desenvolverase do 22 ao 30 de outubro, percorrendo os últimos 100 quilómetros do Camiño de Santiago en diferentes etapas.

 

O programa desenvolverase do 22 ao 30 de outubro

O programa desenvolverase do 22 ao 30 de outubro

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2022.

 

A Secretaría Xeral da Emigración  publica hoxe na súa páxina web a relación definitiva de entidades seleccionadas coa relación de persoas participantes no programa “Conecta co Xacobeo” deste ano e que ten como obxectivo facilitar que 250 persoas, de entre 18 e 64 anos, vinculadas ás entidades galegas do exterior percorran na segunda quincena de outubro o Camiño de Santiago.

 

Este programa, que se desenvolveu por primeira vez o ano pasado, ten como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago das persoas vinculadas ás entidades galegas que existen tanto no resto das comunidades autónomas españolas, como nos países europeos e americanos e que, unha vez vivida a experiencia, colaboren como axentes activos na promoción e difusión do Camiño de Santiago e do fenómeno do Ano Santo Xacobeo nos lugares en que os centros teñen a súa sede. 

 

A iniciativa desenvolverase do 22 ao 30 de outubro. As e os participantes percorrerán os últimos 100 quilómetros do Camiño de Santiago en diferentes etapas durante as que se realizará un achegamento ao patrimonio cultural e natural das respectivas zonas do traxecto.


 
Máis información nesta ligazón.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas