GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Un escultor galego retornado crea obras para edificios públicos dos EE.UU. dende Sanxenxo apoiado pola Xunta

(15/09/2022)

Un escultor galego retornado crea obras para edificios públicos dos EE.UU. dende Sanxenxo apoiado pola Xunta

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e a concelleira de Facenda, Paula Martínez, visitaron hoxe o obradoiro dun artista deste concello que traballou no Capitolio de USA, no Cemiterio de Arlintong e no Museo Botánico de Nova York.

 

A liña de Axudas ao Retorno Emprendedor, que este ano chega ata os 10.000 euros, continúa aberta ata o 30 de setembro.

 

En 2021 beneficiáronse destas axudas un total de 19 empresas na área da Delegación da Xunta en Pontevedra, o 90% das mesmas situadas nun concello do rural.

 

Imaxe da visita desta mañá ao obradoiro situado no concello pontevedrés de Sanxenxo

Imaxe da visita desta mañá ao obradoiro situado no concello pontevedrés de Sanxenxo

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Sanxenxo (Pontevedra), 14 de setembro de 2022.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e a concelleira de Facenda deste municipio, Paula Martínez, coñeceron hoxe o proxecto empresarial dun veciño deste concello retornado dos Estados Unidos que puxo en marcha un obradoiro no lugar do Vinquiño, contando coas axudas deste departamento autonómico, e dende onde crea obras escultóricas que destina, entre outras e outros clientes, a edificios públicos do país americano.  

 

Francisco Castro Freijo contou cunha axuda de 7.000 euros da Secretaría Xeral da Emigración a través do programa de Axudas ao Retornado Emprendedor co obxectivo de retomar o obradoiro do seu pai, onde deseña e executa as súas esculturas, aplicando a súa formación na Escola de Canteiros de Poio e a súa experiencia durante os anos que traballou nos Estados Unidos, levando a cabo a restauración do Capitolio e participando en varios proxectos escultóricos para o Cemiterio Nacional de Arlington e para o Museo Botánico de Nova York.

 

Francisco Castro retornou dos Estados Unidos en 2020, e solicitou a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor da Secretaría Xeral da Emigración. Precisamente, o secretario xeral da Emigración aproveitou a visita para recordar que esta liña de axudas continúa aberta ata finais de setembro, cun orzamento que en 2022 rolda o millón de euros. “De feito, este ano aumentamos a dotación da mesma, e os interesados poden chegar a recibir ata 10.000 euros, co obxectivo de colaborar coas persoas emigrantes galegas retornadas para que poidan exercer a súa actividade laboral ou profesional na nosa comunidade autónoma, promovendo o autoemprego”.

 

O secretario xeral destacou o labor deste artista “que tras adquirir unha gran experiencia no ámbito no que está a desenvolver o seu labor, optou por poñer en marcha aquí a súa propia empresa que mantén o contacto con Estados Unidos, executando nestes intres varios capiteis que teñen como destino o Capitolio”.

 

As axudas para o Retorno Emprendedor aumentaron este ano, partindo dos 6.000 euros  (aumentables en 1.000 se a beneficiaria é muller e outros 3.000 se se pon en marcha nun concello rural), podendo chegar así ata un total de 10.000 euros.

 

En 2021 a área da Delegación da Xunta en Pontevedra contou con 19 beneficiadas e beneficiados por estas axudas, case o 90% delas e deles en concellos do rural, destacando os catro que se aprobaron para O Grove, os dous do Rosal e outros dous en Poio. O resto foron para beneficiarias e beneficiarios de concellos como Mondariz, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces ou Tomiño.

 

Desde a posta en marcha deste programa, foron case 600 as galegas e galegos retornados que xa crearon un proxecto empresarial apoiado a través da Secretaría Xeral da Emigración. “A Xunta investiu algo máis de 4M€, pero o impacto económico para Galicia foi máis de 32M€,  así, por cada euro que a axuda dá para poñer en marcha un negocio, os beneficiarios multiplican por oito o investimento”, comentou Miranda

 

Esta liña de subvencións ten como fin favorecer o retorno á nosa comunidade autónoma dos galegos e galegas residentes no exterior de xeito que poidan fixar a súa residencia e integrarse social e laboralmente na sociedade, realizando nela as súas actividades empresariais e profesionais, favorecendo así o desenvolvemento do tecido empresarial de Galicia. 

 

Trátase dunha das máis de 60 medidas activas da Estratexia Galicia Retorna, de carácter transversal e coordinada pola Secretaría Xeral da Emigración coa colaboración de todos os departamentos da Xunta de Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas