GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rodríguez Miranda recorda en COPE Pontevedra ás e aos interesados que segue aberto ata finais de mes o prazo de solicitude das Axudas ao Retorno Emprendedor

(13/09/2022)

Rodríguez Miranda recorda en COPE Pontevedra ás e aos interesados que segue aberto ata finais de mes o prazo de solicitude das Axudas ao Retorno Emprendedor

 O secretario xeral da Emigración, nos estudios de COPE Pontevedra

O secretario xeral da Emigración, nos estudios de COPE Pontevedra

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2022.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou o estudio de gravación de COPE Pontevedra, onde destacou o interese que están a xerar as Axudas ao Retorno Emprendedor que mantén abertas este departamento autonómico e que poden solicitar os interesados e interesadas ata finais de este mes de setembro. “Os galegos retornados que estean a apostar polo emprendemento poden solicitar estas axudas que  supoñen un apoio de entre 6.000 e 10.000 euros e que teñen como obxectivo colaborar nos inicios dos proxectos empresariais de aqueles que volven a Galicia para poñer en marcha a súa empresa”.  

 

O secretario tamén destacou que, dende que este programa se puxo en marcha, a Xunta investiu algo máis de 4M€, pero o impacto económico para Galicia foi máis de 32M€, chegando a 600 negocios axudados, “por cada euro que a axuda dá para poñer en marcha un negocio, os beneficiarios multiplican por oito o investimento”, comentou Miranda.  As e os interesados poden ampliar información nesta ligazón.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas