GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ofelia Rey Castelao disertou en Buenos Aires sobre “emigración masculina e empoderamento”

(26/08/2022)

Ofelia Rey Castelao disertou en Buenos Aires sobre “emigración masculina e empoderamento”

 

Ofelia Rey Castelao, da Universidade de Santiago de Compostela, ofreceu unha disertación na capital arxentina, no marco dunha actividade organizada pola Cátedra Galicia-América e a materia de Historia de España da Licenciatura de Historia da Universidade de San Martín.

 

Mariana Ruiz, Buenos Aires
Crónicas da Emigración. 25/08/22 -


Conf Ruy 3

Un momento da conferencia de Ofelia Rey Castelao.


‘Mulleres fronte á ausencia na Idade Moderna: Emigración masculina e empoderamento feminino nas Españas (séculos XVI-XIX)’ foi o título da conferencia que tivo lugar o luns pasado, día 22, na aula 413 do Edificio Volta.

Co denominado descubrimento de América, no século XVI, centos de miles de homes emigraron ao novo continente deixando atrás, na maioría dos casos, esposas, fillas, nais ou irmás que deberon asumir toda a responsabilidade familiar, a crianza dos fillos, o coidados dos maiores, o traballo da terra ou dos oficios, o pago de impostos, etc.

“Esta situación –sostivo Rey Castelao– que sempre se viu como desamparo, abandono ou indefensión das mulleres tamén pode ser interpretada como unha vía de empoderamento”.

Ofelia Rey Castelao é catedrática de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela. Licenciada e doutora nesa Universidade con premio extraordinario.Foi directora de Estudos da Escola de Altos Estudos en Ciencias Sociais de París e imparte anualmente cursos na Sorbona. Dirixiu 24 tese doutoral, máis de 25 proxectos nacionais e internacionais, e fundou a revista ‘Obradoiro de Historia Moderna’.

Tamén forma parte do comité científico de 20 revistas españolas, francesas, arxentinas e mexicanas, e foi vogal da Comisión Internacional de Demografía Histórica. Suma 18 libros como autora –un traducido ao francés– e 9 como editora e coautora; 82 artigos científicos e 220 capítulos en obras colectivas, que se publicaron en 12 países de Europa e América. Foi relator ou conferenciante en 69 congresos nacionais e 142 internacionais. Entre as súas publicacións destaca a última, ‘O voo curto. Mulleres e migracións na Idade Moderna’ (2021) e entre as anteriores, en 2009, ‘Historia das Mulleres en Galicia, séculos XVI-XIX’; en 2003, ‘Libros e lectura en Galicia, séculos XVI-XIX’, e en 2007 ‘Os mitos do Apóstolo Santiago’. Como recoñecemento á súa traxectoria, en 2011 recibiu o premio Wonemburger e ingresou na Academia da Historia de Portugal (2017); en 2021 a Fundación de Historia de España de Arxentina dedicoulle un libro monográfico (‘Diálogo con Ofelia Rey’).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas