GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Pontevedra en América. Unha mirada en feminino achégase a Vilagarcía

(24/08/2022)

Pontevedra en América. Unha mirada en feminino achégase a Vilagarcía

 

Unha mirada en feminino. / Mundiario 

Unha mirada en feminino. / Mundiario

 

Esta exposición da Cátedra Iberoamericana da USC e da Deputación de Pontevedra programouse para percorrer O Grove, Vila de Cruces, Vilagarcía, Silleda, Cerdedo-Cotobade, Soutomaior e Redondela.

 

23/08/22 -

 

O proxecto cultural Pontevedra en América. Unha mirada en feminino achégase a Vilagarcía de Arousa este xoves 25 de agosto con varios actos e unha mostra que se pechará o 18 de setembro nos Xadíns de Ravella.

 

Esta exposición da Cátedra Iberoamericana da USC e da Deputación de Pontevedra programouse para percorrer O Grove, Vila de Cruces, Vilagarcía, Silleda, Cerdedo-Cotobade, Soutomaior e Redondela.

 

Pontevedra en América. Unha mirada en feminino pon en valor a historia das mulleres da e na emigración, rescatando a súa experiencia e devolvéndolles o protagonismo que lles corresponde. Arrancou o 31 de marzo no exterior do Pazo provincial en Pontevedra.

 

Son trece mulleres da talla de Isabel Barreto, Mercedes Ruibal, Teresa Táboas, Elena Colmeiro, Virxinia Pereira, Nélida Piñón, Anisia Miranda, Lorena Lores, María Araújo, Josefa Emilia Sabor, Mariví Villaverde, María Vinyals e Isabel Gómez para as que o tempo vivido en América e en Pontevedra constitúe o nexo de unión.

 

"O obxectivo é contar a parte invisibilizada da historia da emigración, a das mulleres"

 

Xa que logo, a mostra presenta a mulleres nadas na provincia de Pontevedra que emigraron, ou nadas na emigración pero cunha orixe pontevedresa, que xogaron "un papel fundamental e imprescindible, aínda que invisibilizado", completando así a historia da relación entre Galicia e América, segundo Carmela Silva, presidenta da Deputación pontevedresa.

 

O obxectivo, tal e como explica directora da Cátedra Iberoamericana da USC, María Cadaval, é “contar a parte invisibilizada da historia da emigración, a das mulleres”.

 

“Sempre se conta o papel tan relevante, recoñecido e admirado, dos homes, pero o certo é que houbo mulleres, que foron piares fundamentais e encabezaron casos de éxito na emigración, e nunca se lles recoñeceu”, subliña esta profesora de economía e colaboradora de MUNDIARIO.

 

“Non é de recibo –engade María Cadaval– que nesta provincia non se coñeza a grandes mulleres que fixeron historia e son moi importantes para o desenvolvemento da vida económica, social e persoal”.

 

A mostra exponse en catro cubos que presentan tanto os obxectivos da exposición como as biografías e fotografías das trece mulleres protagonistas. En Vilagarcía, María Xosé Porteiro –tamén colaboradora de MUNDIARIO– e María Antonia Pérez afondarán na vida de María Araújo, Josefa Emilia Sabor e Mariví Villaverde. @mundiario

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2022
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas