GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A diáspora das comarcas concéntrase en Arxentina, Brasil e Venezuela

(09/08/2022)

A diáspora das comarcas concéntrase en Arxentina, Brasil e Venezuela

David cofán A Estrada, LALÍN / LA VOZ

 

miguel souto

 

A maioría dos emigrados de ambas as comarcas residen en países de Sudamérica, aínda que no caso de Tabeirós a porcentaxe que habita en Europa é superior

 

09 ago 2022 .

 

Os datos do Instituto Galego de Estatística do 2022 relativos á distribución da poboación nada nas comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes que reside no estranxeiro segue colocando Sudamérica como eixo central da diáspora. Na comarca dezana case un 85 % dos emigrados vive no continente americano, deles o 56 % faino en Arxentina. No caso de Tabeirós é un 80 %, estando máis repartidas as cifras de poboación asentada por países. Aínda que maiormente viven en Arxentina, un 34,4 %, un 12,6 faino no Brasil e un 12,7 en Venezuela. Mentres que os dezáns en Sudamérica son apenas un 7 % no Brasil, un 9 en Venezuela e un 4 en Cuba e Uruguai. Neste sentido, os procedentes de Tabeirós-Terra de Montes instaláronse en maior número no Uruguai que en Cuba.

 

Por concellos, onde existe un número superior de emigrados a América é en Agolada, Rodeiro, Dozón e Cerdedo-Cotobade. O 93 % dos agolenses instaláronse no continente, un 62 en Arxentina, un 12 en Cuba e un 11,8 no Brasil. De Rodeiro un 92 %: o l 7 foi a Arxentina e o 9,7 a Cuba (sendo o concello con máis emigrados á illa). En cambio en Dozón o 69 foi a Arxentina, mentres que co 5 % escolleron o Uruguai, Brasil e Venezuela. A dinámica cambia con Cerdedo-Cotobade, que concentra o maior número de residentes no Brasil con case o 50 % dos emigrados a Sudamérica.

 

En canto aos lalinenses no exterior, o 82 % foise a América, maiormente a Arxentina (50,2) e Venezuela (12). Os silledenses son un 85 %, tamén un 12 en Venezuela e máis da metade en Arxentina. Os cruceños na diáspora que se asentaron neste continente son un 75 %, a cifra máis baixa. Na Estrada son o 80, dos que un 41 % viven en Arxentina, un 12,6 en Venezuela e un 7 no Brasil, mentres que os forcaricenses decidiron ir en maior media a Brasil e Venezuela (27 e 13 % respectivamente).

 

Europa

 

Os datos do IGE permiten apreciar que en Tabeirós foi maior a porcentaxe que puxo rumbo a Europa. Practicamente o 20 % dos emigrados escolleu o vello continente, en cambio en Deza esta cifra foi do 14 %. En ambos os casos Francia foi o lugar seleccionado, un 6,1 % dos dezáns en Europa viven alí e case un 6 dos de Tabeirós-Terra de Montes. No entanto, as cifras de residentes en Suíza son moi similares.

 

Os estradenses en Europa son o 20 %, practicamente un 6 vive en Francia, un 5,45 en Suíza, un 2,3 en Alemaña e un 1,7 no Reino Unido. En Lalín son o 16,5 % dos que un 5 % reside no país galo, un 3,6 en Suíza, un 2,1 no Reino Unido e un 1,3 en Alemaña. En Silleda son un 14 %, maioritariamente en Francia e en Forcarei un 19,3, principalmente asentados en Suíza (5,7 %).

 

Curiosamente é Vila de Cruces o municipio con máis veciños en Europa, un 34 %. O 14,5 está en Francia. Os que menos son Agolada con apenas un 7 %, Dozón cun 9, Rodeiro cun 7 e Cerdedo-Cotobade que ten un 8,5 %.

 

A maior parte dos residentes no estranxeiro pertencen á franxa de idade de máis de 65 anos

 

A pesar de que nos últimos anos ha aumentado o número de mozos que abandonaron as comarcas para optar a mellores oportunidades laborais, esa cifra é sensiblemente menor á rexistrada nas primeiras décadas do século XX. Un 38 % da diáspora dezana pertence á franxa de idade de máis 65 anos, sendo un 34 % da procedente de Tabeirós-Terra de Montes.

 

Por concellos en todos se dá esta circunstancia, máis acusada en Dozón, Agolada, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces e Forcarei, onde son entre o 40 e o 43 %. En cambio, na Estrada e Lalín este segmento é do 35,3 e do 34,2, respectivamente.

 

Despois deste grupo están aqueles con idades entre os 55 a 64 anos, que en Tabeirós son o 13, 4 %, con todo en Deza a seguinte franxa de idade con maior presencia no estranxeiro é a que vai dos 45 aos 55 anos cun 12,3 %. Esta eventualidade dáse na poboación que emigrou desde Dozón, Lalín, Agolada e Vila de Cruces.

 

No outro extremo de idades, aqueles menores de 16 anos nados nas comarcas e emigrados a outros puntos do mundo son o 8,1 en Deza e o 7,7 en Tabeirós. Neste caso destacan o 9,5 % de orixe lalinense, o 7 agolense e o 8,2 forcaricense. Na Estrada representan o 7,5 %.

 

 A Estrada, Forcarei, Lalín e Silleda teñen nativos vivindo en Asia e Oceanía

 

Dos nove concellos que conforman as comarcas de Deza e Tabeirós, só catro contan con habitantes que residen nalgún país de Asia e Oceanía: A Estrada, Forcarei, Lalín e Silleda. Aínda que en todos os casos son cifras nimias, se nos referimos aos emigrados a países asiáticos, o que conta cunha maior porcentaxe é Lalín, un 0,2 %, seguido da Estrada cun 0,17 e despois Forcarei e Silleda cun 0,04 e un 0,03, respectivamente.

 

Curiosamente os datos mostran que hai máis persoas que estean a residir na actualidade en Oceanía. Delas, de novo Lalín ten o número máis alto, un 0,34 %. Despois están empatados A Estrada e Silleda que cunha diáspora do 0,24 % e finalmente Forcarei que acumula o 0,13.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas