GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rueda pon en valor o talento exterior que aposta por Galicia e que axuda a construír un futuro máis próspero para as vindeiras xeracións

(01/08/2022)

Rueda pon en valor o talento exterior que aposta por Galicia e que axuda a construír un futuro máis próspero para as vindeiras xeracións

 Imaxe de hoxe no Carballiño (Ourense)

Imaxe de hoxe no Carballiño (Ourense)

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

O Carballiño (Ourense), 30 de xullo de 2022.

 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo hoxe en valor o talento exterior que aposta por Galicia e que axuda a construír un futuro máis próspero para as vindeiras xeracións.

 

O titular do Goberno galego participou no Carballiño na sexta edición da Romaría Abanca Internacional, que a entidade financeira dedica ás e aos clientes non residentes. Alfonso Rueda agradeceu a Abanca o seu compromiso con Galicia e puxo como exemplo a traxectoria das e dos seus representantes e das e dos seus clientes como modelo de emprendemento. “Galicia non sería o que é sen os galegos que emigraron sen esquecer nunca as súas raíces, pero tampouco sen o potencial que supón o talento exterior que apostou pola nosa Comunidade”, dixo o presidente da Xunta.

 

Rueda compartiu mesa cos directivos de Abanca, entre os que se encontraba o seu presidente, Juan Carlos Escotet, e o seu conselleiro delegado, Francisco Botas. Nun acto ao que asistiu tamén o secretario  xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, o presidente da Xunta invitou ás e aos presentes a seguir apostando polo futuro da Comunidade independentemente da orixe da cada quen, “porque sabemos por experiencia e por tradición que Galicia vai máis alá das fronteiras que a delimitan nos mapas” e porque “os galegos non pedimos carné, só o pasaporte de cidadáns do mundo que recoñecen as potencialidades de Galicia”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas